XUNTA DE GOBERNO
O Concello dá continuidade aos procedementos de licitación suspendidos polo estado de alarma
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns acordou dar continuidade a todos os procedementos de licitación en marcha, paralizados no seu día a consecuencia da crise sanitaria do COVID-19 e da declaración do estado de alarma. Na reunión tamén se acordou o reinicio dalgúns servizos tamén paralizados e aprobouse o Plan Marco de Reactivación Económica presentado o pasado venres.
ALCALDÍA
A obra do vieiro de Clara Campoamor, a menos afectada polos retrasos no ámbito da intermodal
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron esta mañá unha videoconferencia co equipo responsable das obras en execución na estación intermodal de Santiago de Compostela (estación de autobuses, pasarela e vieiro de Clara Campoamor), para supervisar o seu desenvolvemento e as medidas de prevención da saúde adoptadas con motivo do COVID-19. Tamén participaron os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, e de Mobilidade, Gonzalo...
TURISMO
Turismo de Santiago estuda co sector medidas para a recuperación dos congresos
O concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, reuníronse telematicamente está mañá con representantes do sector MICE da cidade: organizadores profesionais de congresos, Palacio de Congresos e directores de hotel.