FESTAS
Luís Zahera animou ás compostelás e composteláns a gozar das festas do Apóstolo
Luís Zahera abriu co seu pregón as festas do Apóstolo 2019. O actor compostelán repasou a súa vida en Compostela, dende a súa infancia, e como a cidade foi cambiando. Ademais, repasou a súa vida como actor, agora recoñecida cun Goya polo seu papel de reparto en El Reino.
FESTAS
Luís Zahera, do balcón de "El Reino" ao balcón de Raxoi
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños recibiron hoxe o pregoeiro do Apóstolo 2019, o actor Luís Zahera, horas antes de que este se dirixa ás compostelás e composteláns dende os balcóns de Raxoi para abrir as festas.
FESTAS
Sorteados os convites para presenciar o espectáculo dos Fogos do Apóstolo
Xa se coñecen os nomes das 15 persoas gañadoras dos convites dobres para presenciar, cos/coas seus/súas acompañantes, o espectáculo dos Fogos do Apóstolo dende un espazo habilitado a carón do Hostal dos Reis Católicos. Estas 30 persoas tamén poderán asistir ao concerto previo da Real Filharmonía de Galicia. Nesta edición recibíronse 1.410 formularios de participación.
ACCIÓN CULTURAL
Santiago de Compostela achega a Coímbra (Portugal) a súa experiencia como Cidade Europea da Cultura
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa este venres e mañá sábado en Coímbra (Portugal) no seminario "Europa das cidades. Europa da cultura", xunto con representantes das cidades de Aix-en-Provence e Poitiers (Francia), Esch-sur-Alzette (Luxemburgo) e Salamanca (España). O alcalde de Coímbra, Manuel Machado, recibiu as delegacións destas cinco urbes.