CULTURA

Santiago de Compostela e outras 14 cidades españolas, francesas e portuguesas impulsan o Camiño Cultural Atlántico

03/07/2014

O Concello de Santiago subscribirá o próximo día 15 de xullo o Convenio Marco do Camiño Cultural Atlántico, concibido como unha ruta costeira entre o sueste de Francia, Norte de España e Norte de Portugal no que se integrarán 15 cidades: Burdeos, Bayona, Biarritz, San Sebastián, Bilbao, Santander, Gijón, Oviedo, Avilés, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Braga, Gimaraes e Porto. Así o anunciou o alcalde compostelán, Ángel Currás, nunha rolda de prensa na que valorou o "grande...

Leer más

TURISMO

Tanabe convida a Santiago ao décimo aniversario da declaración do Camiño de Kumano como Patrimonio da Humanidade

03/07/2014

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participará este fin de semana nos actos de celebración do décimo aniversario da Declaración do Camiño de Kumano como Patrimonio da Humanidade, que terán lugar na cidade xaponesa de Tanabe. Foi o propio alcalde de Tanabe, Mitsutoshi Manago, quen convidou ao Concello de Santiago a participar nestes actos como convidado especial na súa recente visita a cidade no mes de maio.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia participa este venres no Festival Via Stellae

03/07/2014

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) participa na IX edición do festival de música clásica Via Stellae, que se está celebrar en Santiago de Compostela. A orquestra protagoniza dous concertos no marco desta iniciativa. O primeiro celebrarase este venres, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. O segundo será o sábado, á mesma hora, no Hostal dos Reis Católicos.

Leer más
Compartir: