XUVENTUDE

Concerto en Praterías dos grupos do Compostela Actúa para celebrar o Día Europeo da Música

21/06/2014

Para conmemorar o Día Europeo da Música, a Concellería de Xuventude, a través do seu programa Compostela Actúa, organizou unha actuación na que interviron dúas das disciplinas que se traballan no proxecto: o grupo musical Instrumentals, formado por 5 mozos, e o grupo coral Glee Club, que conta con 25 participantes. A actuación celebrouse na praza de Praterías ante un numeroso público.

Leer más

DEPORTES

Fin de semana de hóckey e judo

21/06/2014

O pavillón de Vite acolle durante esta fin de semana o VI Torneo Hóckey Compostela, organizado polo Club de Hóckey Compostela co patrocinio do Concello de Santiago. Participan, ademais do organizador, os clubs Raxoi H.C. Raxoi, Escola Lubiáns, C.M. Hóckey Ferrol e APG Bierzo.

Leer más
Compartir: