CENTROS SOCIOCULTURAIS

"Vive o Antroido" programa máis de 150 actividades nos centros socioculturais

11/02/2014

Xa está en marcha unha nova edición de Vive o Antroido, con máis de 150 actividades programadas nos centros socioculturais ata os primeiros días de marzo. O obxectivo deste calendario de accións é divulgar as tradicións e por en valor a celebración do Antroido, así como facer visible a riqueza e variedade desta festa nos barrios e parroquias de Santiago.

Leer más

TURISMO

Retro Galicia 2014 incorpora un motorshow con vehículos lendarios

11/02/2014

Tras o éxito da última edición, con preto de 100 expositores e 20.000 visitantes, Santiago prepárase para acoller unha vez máis aos afeccionados ao motor de Galicia e norte de Portugal os días 14, 15 e 16 de febreiro en Retro Galicia 2014, IV Salón do Vehículo Clásico e de Época. A Concellería de Economía, Comercio, Turismo e Mercados colabora con este certame, organizado pola empresa Eventos del Motor.

Leer más

CONSORCIO

Restauradas as pinturas murais do século XVI aparecidas na igrexa de Figueiras

11/02/2014

O alcalde compostelán e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, e a xerente do Consorcio, María Antón, visitaron a igrexa de Santa María de Figueiras. Comprobaron o resultado da restauración das pinturas murais que saíron á luz no templo. A Oficina Técnica do Consorcio promoveu a súa recuperación e conservación. O seu estado era moi malo, debido á acción da humidade e, sobre todo, á repercusión de obras anteriores nos muros do edificio. Sobre a superficie...

Leer más

CULTURA

Presentación do proxecto audiovisual e literario CoraSons dentro do ciclo Sons’14

11/02/2014

O ciclo Sons'14 acolle o concerto de presentación de CoraSons, un proxecto audiovisual e literario da editorial Kalandraka. Unha numerosa selección dos artistas involucrados en CoraSons participará neste especial concerto que se celebrará este mércores, 12 de febreiro, no Teatro Principal. En concreto, confirmaron a súa presenza neste primeiro concerto: Xoán Curiel, Najla Shami, Uxía, Aline Frazäo, Sergio Tannus, Carlos Blanco, Isabel Leal, Rui David, Budiño, Luanda Cozetti, João Afonso, Norton Daniello e...

Leer más
Compartir: