FACENDA

O pago fraccionado dos recibos do IBI beneficiará a 1.259 persoas

03/04/2013

Un total de 1.259 persoas acolleuse á posibilidade do pago fraccionado do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), segundo os datos ofrecidos pola Área de Facenda e Administración Pública. Este sistema fora creado a comezos de ano polo Goberno municipal para que os cidadáns que o solicitaran puideran pedir o fraccionamento do IBI 2013.

Leer más

EDUCACIÓN

Encontro co ilustrador Emilio Urberuaga

03/04/2013

Mañá xoves, 4 de abril, ás 19:00 horas, a Galería Sargadelos acollerá un encontro co ilustrador Emilio Urberuaga, Premio Nacional de Ilustración e membro do xurado do VI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.

Leer más

CULTURA

"A fábúla galénica", "Frankenstein", "El Principito" e a RFG con Thomas Piel, programa de Infantil & Familiar para abril

03/04/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou a programación do ciclo Infantil & Familiar para o mes de abril, composta polas obras A fábula galénica, Frankenstein, El Principito e un concerto da Real Filharmonía de Galicia con Thomas Piel. As funcións serán no Teatro Principal, excepto a clásica coa RFG, que será no Auditorio de Galicia. Todas as entradas están á venda na billeteira do Teatro Principal e nos medios habituais.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O alcalde amósase partidario de manter a xestión pública do Refuxio de Bando si se asegura a súa viabilidade económica

03/04/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, visitaron o Refuxio de Animais de Bando, tras a reunión que recentemente mantiveran en Raxoi cos seus voluntarios. Inspeccionaron as instalacións e analizaron os seus principais problemas, que na actualidade pasan sobre todo polo seu financiamento.

Leer más

EMPREGO

O paro descendeu un 1,12% en Santiago de Compostela no mes de marzo

03/04/2013

No mes de marzo, o número de persoas paradas en Santiago descendeu en 111 con respecto ao mes de febreiro, segundo os datos do Ministerio de Emprego. Esta cifra supón un descenso do 1,12% respecto ao mes anterior, unha baixada que supera tanto as cifras que houbo en Galicia, onde o descenso medio foi do 0,56%, coma no conxunto de España, onde a baixada foi do 0,1%.

Leer más
Compartir: