BENESTAR SOCIAL

O Concello formaliza o reparto de 398.000 euros entre diferentes entidades sociais

23/10/2012

A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asinou en Raxoi varios convenios de colaboración coas entidades Fonte da Virxe, Down Compostela, Aspas, Acem, San Vicente de Paúl, Don Bosco, Sarela, Fundación Andrea, TP Galicia e Cruz Vermella. Esta foi a primeira rolda de sinatura de acordos, que continuará nos vindeiros días ata completar a totalidade de convenios, que suman unha achega municipal de 398.000 euros.

Leer más

COMERCIO

Máis de 70 inscritos na charla "Como aproveitar as oportunidades comerciais en Santiago?"

23/10/2012

A Concellería de Comercio e Santiago Centro colaboran na organización dunha acción formativa dentro do programa Santiago Investors Support, que terá lugar o 24 de outubro, ás 20:00 horas, no Hotel Araguaney e que ten coma obxectivo analizar a realidade do comercio en Santiago de Compostela e definir accións que axuden a todos os profesionais do comercio a facer unha mellor xestión do seu negocio. Neste momento xa hai máis de 70 persoas inscritas. A inscrición segue aberta e pode facerse a través de

Leer más

ALCALDÍA

Inaugurado o VI Encontro Nacional de Xestores de Patrimonio Mundial

23/10/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurou o VI Encontro Nacional de Xestores de Patrimonio Mundial, xunto coa subdirectora xeral adxunta de Protección do Patrimonio Histórico do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Esther Rodríguez; e o conselleiro de Educación e Cultura en funcións, Jesús Vázquez. O evento celébrase no Hotel Monumento San Francisco os días 23 e 24 de outubro.

Leer más

ALCALDÍA

A mostra "Memoria de Peregrinación" exhibe a riqueza da Europa vertebrada polos camiños a Santiago de Compostela

23/10/2012

O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, e o conselleiro de Cultura e Educación en funcións, Xesús Vázquez, inauguraron a exposición Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo, que estará aberta ata o 27 de decembro no Museo das Peregrinacións e de Santiago. Precisamente, os días 23 e 24 de outubro son xornadas de portas abertas, para que calquera cidadán ou visitante poida coñecer a mostra de balde.

Leer más
Compartir: