URBANISMO
Os beneficios de Emuvissa medraron un 7% en 2010 e chegaron aos 422.000 euros
O Consello de Administración de Emuvissa, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acordou formular as súas contas anuais correspondentes ao exercicio do 2010. A sociedade presentou un resultado final, despois de impostos, cun beneficio de 421.849,98 euros.
TRANSPORTES
Tussa obtén uns dividendos positivos en 2010 de máis de 109.000 euros
O Consello de Administración de TUSSA, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acordou formular as súas contas anuais do exercicio 2010 así como a proposta de distribución do resultado.
CONSORCIO
A Filharmonía estrea outra obra de Arriola
A Real Filharmonía de Galicia, da man do director Maximino Zumalave, estreará unha nova obra de Arriola durante o concerto do xoves 31 de marzo, como parte do proceso de recuperación da figura artística deste descoñecido compositor galego. Será a partir das 21:00 horas no Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
O alcalde será o pregoeiro da Festa da Uña
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, mantiveron un encontro cos membros da Asociación Cultural e de Festas de San Lázaro, encargada da organización da Festa da Uña, que este ano se celebrará os días 9, 10 e 11 de abril.
ALCALDÍA
Retrato da Compostela inédita dos anos vinte por Ruth Mathilda Anderson
Unha nova exposición de Novacaixagalicia reúne preto de medio milleiro de imaxes tomadas pola etnógrafa e fotógrafa norteamericana Ruth Mathilda Anderson en Galicia entre os anos 1924 e 1926. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a mostra, que estará na sede da Fundación Caixa Galicia da rúa do Vilar ata o 5 de xuño.