CIRCULACIÓN VIARIA
O Concello concedeu xa case 2.400 tarxetas de aparcamento para residentes
A concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, deu conta dos datos relativos á implantación das zonas de estacionamento de residentes. A seguinte en pórse en marcha será a da zona das rúas Ultreia, Espírito Santo e avenida de Salamanca.
XUNTA DE GOBERNO
Os estacionamentos de borde de Santa Marta e Salgueiriños manterán as mesmas tarifas
Nunha nova sesión ordinaria da Xunta de Goberno aprobouse a actualización das tarifas dos estacionamentos xestionados por TUSSA. Tamén se acordou a prórroga dos contratos de dúas actuacións, a da rúa San Clemente e a de implantación dun portal de contratación electrónica.
TURISMO
Distinción de calidade turística para 148 empresas e servizos composteláns
A Mesa de Calidade Turística de Santiago entregará o mércores 30 de marzo os distintivos SICTED ás 148 empresas e profesionais do sector turístico que aprobaron a avaliación de calidade. A cifra de distincións sitúa a Compostela como o terceiro destino con máis distinguidos, por detrás de Xixón e Lanzarote.
EDUCACIÓN
O ilustrador Pablo Otero achega a arte aos máis cativos nas escolas infantís
A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora, programou para o sábado 2 de abril unha sesión de contos para bebés coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil.