CULTURA

Compostela viaxa ao século XX con 'Exxpopress'

09/07/2009

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, inaugurou na mañá de hoxe no CSC das Fontiñas unha mostra única en Galicia, dedicada ao século XX e formada por centos de xornais e revistas que recollen nas súas portadas os principais acontecementos históricos da pasada centuria. A exposición permanecerá aberta ata o 28 de agosto.

Leer más

FESTAS

O monologuista galego Rober Bodegas fará o pregón do Apóstolo deste ano

09/07/2009

O concelleiro de Festas de Santiago de Compostela, Xosé Baqueiro, anunciou esta tarde o nome do pregoeiro do Apóstolo 2009, que será o monologuista galego Rober Bodegas, coñecido pola súa participación no programa de TVE El Rey de la Comedia e que actualmente colabora no magazine de La Sexta, Sé lo que hicisteis.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O barrio de Vidán conta xa cunha nova área recreativa e de lecer

09/07/2009

Esta tarde o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a nova área recreativa situada barrio de Vidán, acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. As obras foron impulsadas por esta concellería e financiadas no marco dos fondos FIL. A nova área conta cunha superficie total de 1.355 metros cadrados e está situada no entorno da igrexa parroquial.

Leer más
Compartir: