PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Aínda quedan prazas libres para a sesión de astronomía da Casa das Asociacións

24/06/2009

Dentro do programa de actividades de verán que organiza a Concellería de Participación Cidadá, o venres 26 de xuño, na Casa das Asociacións, terá lugar unha didáctica Noite de Astronomía. Aínda quedan prazas para apuntarse a esta sesión, que comeza ás 22:30 horas na terraza da Casa e na que colabora o Club Compostelán Astronomía Vega.

Leer más
Compartir: