EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Verán ofrece un espazo de encontro e de lecer a máis de 300 nenas e nenos

18/06/2009

Co remate o curso escolar, chega unha nova edición, e xa van oito, da Escola Municipal de Verán, cunha primeira entrega os días 23, 24, 25, 26, 29 e 30 de xuño. Este programa, ademais dunha completa oferta lúdica e educativa, está na liña da Concellería de Educación para conciliar a vida laboral e familiar. A principal novidade deste ano é que se suma á iniciativa o CEIP López Ferreiro, substituíndo ao Qurioga Palacios, que está en obras.

Leer más

CONGRESO

Compostela, punto de encontro de profesionais e estudantes de criminoloxía

18/06/2009

A cidade de Santiago acolle do 18 ao 20 de xuño o VI Congreso Nacional de Criminoloxía, baixo o lema "Criminalidade e risco: predición e prevención". Dentro do programa do evento figuraba o paso dos participantes por Raxoi, onde foron recibidos pola tenenta de alcalde, Socorro García Conde, e outros membros da Corporación.

Leer más

XUVENTUDE

Os grupos gañadores do "MúsicaXove’08" presentan o seu disco recompilatorio

18/06/2009

O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentaron o CD recompilatorio cos temas que os gañadores do I Certame MúsicaXove interpretaron nas súas finais da Sala Capitol. No acto, celebrado no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, tamén participaron uns 60 mozos e mozas compoñentes dos grupos musicais e contou coa asistencia do director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro.

Leer más
Compartir: