PERSOAL

O Concello, pioneiro no desenvolvemento da carreira horizontal nas administracións galegas

15/05/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os representantes dos sindicatos asinaron e deron a coñecer o acordo regulador e convenio colectivo do persoal ao servizo do Concello de Santiago. Este acordo, pioneiro no desenvolvemento da carreira horizontal nas administracións públicas galegas, contempla tamén melloras para a conciliación da vida laboral e familiar, axudas sociais e medidas de fomento do emprego, ao incentivar a xubilación anticipada.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A Banda Municipal ofrece un concerto especial dentro dos actos da Festa das Letras

15/05/2009

O domingo 17, Día das Letras Galegas, a Concellería de Normalización Lingüística, preparou unha Festa das Letras, que se celebrará no Teatro Principal por mor das previsións meteorolóxicas (inicialmente estaba prevista no parque de Bonaval). Este acto, enmarcado no programa Maio das Letras, contará coa participación dos escolares e coa actuación especial da Banda Municipal de Música.

Leer más

COMERCIO

Promoción Económica e a Deputación da Coruña ultiman a aplicación do Plan Estratéxico do Comercio

15/05/2009

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, vén de manter unha entrevista co vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, na que se estudou o convenio de colaboración que se asinará para a aplicación do Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, que ten como obxectivo fortalecer o sector para facelo máis dinámico e competitivo.

Leer más

TURISMO

O Consello Sectorial de Turismo reunirase o 26 de maio

15/05/2009

O Consello Sectorial de Turismo do Concello de Santiago, composto polos diferentes axentes vinculados co sector turístico da cidade, reunirase o 26 de maio no Auditorio de Galicia. A Concellaría de Promoción Económica e Turismo promoveu a súa constitución, que foi aprobada pola totalidade do Pleno municipal. O Consello está concebido como un foro no que todos os axentes vinculados co sector podan dialogar, colaborar e asesorar na política turística municipal.

Leer más

FESTAS

As Festas da Ascensión acollen o primeiro campionato de skate con exhibición de profesionais

15/05/2009

O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa o primeiro campionato CompostelaSkate’09, que se celebrará o venres 22 e o sábado 23 das Festas da Ascensión na explanada da Alameda. No acto estivo acompañado por dous membros do colectivo Cultura Urbana, Alberto Muíños e Marcos Cardero, ademais dunha ampla representación do movemento urbano, con Dj, skates, breakers e graffiteiros que realizaron unha exhibición por todo o alto no parque da Constitución.

Leer más
Compartir: