DEPORTES

A Fundación Compostela Deporte e Begano renovan o seu acordo de apoio ao deporte de base

03/04/2009

O presidente de Begano, Federico Amor Sanjurjo, recibirá con motivo da celebración do 50 aniversario da firma concesionaria de Coca Cola, ao presidente da Fundación Compostela Deporte e alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, o luns 6 de abril, na súa sede na avenida Alfonso Molina s/n, na Coruña, ás 12:30 horas. O acto tamén contará coa presenza do vicepresidente da Fundación e Concelleiro de Deportes de Santiago, Andrés Fariña.

Leer más

MERCADOS

Amio, segundo mercado de gando do Estado

03/04/2009

O concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, presidiu en Talavera de la Reina, a reunión semestral da Asociación Española de Mercados de Gando (ASEMGA), na que se deron a coñecer os datos do sector no ano 2008. Desta memoria despréndese que a nosa cidade segue situada na segunda posición en canto a movemento total de cabezas de gando ovino, vacún, equino e porcino.

Leer más

COMERCIO

O Concurso de Escaparatismo destina máis de 36.000 euros a premios

03/04/2009

A VI Edición do Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, destinará a premios 36.580,98 euros. En cada unha das catro edicións das que consta o certame escóllense tres comercios gañadores. O obxectivo do certame é contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.

Leer más

ALCALDÍA

A Conferencia de Cidades do Arco Atlántico presenta as súas contribucións ás Redes Europeas de Transporte

03/04/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu na cidade francesa de Poitiers o Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico. No encontro debatéronse as contribucións dos territorios atlánticos ao escenario da crise e presentaranse as achegas da CCAA ao Libro Verde sobre as Redes de Transporte Transeuropeas e ao Libro Verde sobre a Cohesión Territorial.

Leer más
Compartir: