SEGURIDADE CIDADÁ

Sufocado o incendio que calcinou cinco hectáreas no Pedroso

27/03/2009

A concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, compareceu acompañada polo xefe dos Bombeiros de Santiago, Jesús Martínez, para dar conta do incendio acontecido no Pedroso, na zona de Pardaces, na madrugada do venres 27. Como resultado deste lume calcináronse entre 5 e 6 hectáreas, das calles unha era de monte arborado.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Compostela apoia a iniciativa "A Hora do Planeta" co apagado das luces da Catedral, o Pazo de Raxoi, San Francisco e San Martín Pinario

27/03/2009

O Concello de Santiago apoia a iniciativa de WWF/Adena A Hora do Planeta, que fará que o sábado 28, durante unha hora, se apaguen as luces dun gran número de edificios emblemáticos no mundo. Esta iniciativa pretende demostrar que a loita contra o cambio climático é posible e é a maior campaña en defensa do medio ambiente da historia. Nela participarán 1.200 millóns de persoas e están implicados gobernos, cidadáns e empresas nunha acción conxunta para chamar a atención sobre os efectos do...

Leer más

COMERCIO

O monologuista Rober Bodegas actuará na Gala do Comercio

27/03/2009

O monologuista Rober Bodegas actuará na IV Gala do Comercio, Compostela capital de compras, que será presentada pola xornalista de Correo Televisión, Inés Dopazo. O evento, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, é aberto ao público, e celebrarase o 31 de marzo, ás nove da noite, no Teatro Principal.

Leer más
Compartir: