CONSORCIO

O Consorcio recibe cinco solicitudes de rehabilitación para o Programa de Edificios Tutelados

02/03/2009

O interese espertado pola convocatoria da nova edición do programa de Edificios Tutelados, que rematou o pasado 27 de febreiro, veuse referendado tras a petición de rehabilitación de cinco inmobles do casco histórico compostelán. Trátase dun programa de rehabilitación no que os propietarios ceden o uso dos inmobles para aluguer durante un número limitado de anos co obxecto de compensar o custo da rehabilitación. Ao final dese prazo, os propietarios recuperarán a propiedade libre de cargas.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Comeza a fase de titorías do curso sobre plans de empresa e microcréditos

02/03/2009

O luns 2 de marzo comezou a fase de titorías do curso Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e pola Obra Social Caixa Galicia. Trátase dunha acción de formación e asesoramento personalizado para o autoemprego e a creación de empresas dirixida a persoas emprendedoras cunha idea de negocio que precisen financiamento. O período formativo, no que participaron 15 persoas, rematou o sábado 28 de febreiro.

Leer más
Compartir: