TURISMO

Marcelo Tejedor ensina os seus secretos en "Santiago Repetirás"

21/01/2009

O sábado 24 de xaneiro terá lugar a terceira sesión de Merco e cociño con..., conducido nesta ocasión polo prestixioso cociñeiro Marcelo Tejedor. Trátase dun innovador taller, incluído nas actividades do programa gastronómico Santiago Repetirás, organizado por Turismo de Santiago, no que os asistentes poden experimentar en que consiste un día na vida dun cociñeiro, facendo primeiro a compra do produto para convertelo a continuación nun suculento menú.

Leer más
Compartir: