ALCALDÍA

Sánchez Bugallo: "A estación de Santiago será o principal centro de transporte de pasaxeiros do noroeste peninsular"

16/01/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, referiuse ás xuntanzas mantidas coa Dirección Xeral de Ferrocarrís e con ADIF para matizar algúns aspectos do convenio que dará vía libre á construción da estación do AVE de Santiago. Segundo anunciou, á espera do visto boa o texto do convenio pola Consellería de Política Territorial, o obxectivo é que o texto poida ser ratificado na Xunta de Goberno do martes 20.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello reparte o calendario de 2009 nos fogares composteláns

16/01/2009

O calendario de mesa de 2009 do Concello xa está sendo repartido nos fogares composteláns. Nesta ocasión, as fotografías son da Compostela contemporánea e son "unha homenaxe a algúns dos arquitectos que teñen realizado obras en Santiago nos últimos anos", en palabras do propio alcalde.

Leer más

CULTURA

A Banda Municipal prepara o seu concerto á carta

16/01/2009

O domingo 15 de febreiro, dentro do Ciclo de Concertos de Inverno 2009, a Banda Municipal de Música de Santiago interpretará un concerto á carta. O programa a interpretar nesta ocasión estará composto por obras que o público asistente aos concertos do 18 de xaneiro e do 1 e 8 de febreiro elixirán dun catálogo de propostas.

Leer más

CULTURA

Cine de calidade e compromiso social na IV edición do Ciclo de Cinema Dereitos Humanos

16/01/2009

Presentouse o programa do Ciclo de Cinema Dereitos Humanos, nado para conmemorar o sesenta aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos e que se celebrará no Teatro Principal do 19 ao 23 de xaneiro con dúas sesións cada tarde a partires das 20:15 horas. A programación, que foi debullada pola concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Elvira Cienfuegos, inclúe cinco filmes sociais comprometidos realizados nos 2007 e 2008, nos que se xunta a calidade cinematográfica co compromiso social, sempre en versión orixinal subtitulada.

Leer más

CULTURA

Póñense á venda as entradas do concerto da Orchestra Baobab, primeira proposta de Sons da Diversidade 2009

16/01/2009

Un ano máis, Sons da Diversidade, organizado pola concellaría de Cultura, volve ofrecer unha viaxe polo mundo da man da música, da diversidade cultural e da pluralidade de ritmos e sons. Esa viaxe levaranos, nunha primeira parada, a África, xa que o 31 de xaneiro chegará a Compostela a Orchestra Baobab co seu último espectáculo, Made in Dakar. As entradas para este concerto poden mercarse a partires do luns 19 de xaneiro na páxina web www.caixagalicia.es ou no teléfono 902 434 443.

Leer más
Compartir: