TURISMO

Salsorro quere consolidarse como o evento de salsa máis importante de Europa

10/09/2008

A sétima edición do Festival Internacional Salsorro, que se celebrará en Santiago entre o 7 e 9 de novembro, ten coma obxectivo convertirse no evento máis importante de salsa de Europa. O ano pasado Salsorro foi o segundo evento de salsa con maior número de participantes, tras o UK Congress 2007. Sen embargo, o evento inglés aplázase ata xaneiro do 2009, polo que Salsorro será o evento de referencia no continente neste ano 2008.

Leer más

CULTURA

'Turismo infinito' do Teatro Nacional de Sao Joâo chega a Compostela con Teatro e Danza En Xira

10/09/2008

A cuarta proposta de Teatro e Danza En Xira, un ciclo que achega a Compostela algunhas das propostas escénicas máis interesantes do panorama peninsular contemporáneo, achégase ao país veciño con Turismo Infinito, peza dunha das compañías lusas máis reputadas, o Teatro Nacional de Sâo Joâo. A obra foi presentada pola concelleira de Cultura, Socorro García Conde; o director da obra, Ricardo Pais; o xerente do Auditorio, Paulo Rodríguez; e Ana Salgado, representante de Caixa Galicia.

Leer más
Compartir: