CULTURA

O Festival dos Abrazos trae a Compostela o "contrabaixo peregrino" de Renaud García Fons

27/08/2008

O Festival dos Abrazos achega o xoves 27 e o venres 28 a Santiago de Compostela o bass pilgrim do músico francés Renaud García Fons. A praza de San Martiño Pinario acollerá ás 22:30 horas a peregrinación musical deste contrabaixista de sona internacional a través do tempo e do espazo. Unha viaxe artellada ao redor das cinco suites que integran o programa e que percorren oriente, o mundo árabe, a India e Irán, Roma, Andalucía, África e o novo mundo.

Leer más
Compartir: