TRANSPORTES

Os composteláns disporán de cen bicicletas a partir do luns para desprazarse pola cidade

10/07/2008

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto oficial de apertura do servizo de aluguer de bicicletas, acompañado polo director do INEGA, entidade que colabora na iniciativa, Juan Álvarez Carril, e o concelleiro de Transportes, Carlos Nieves. O escenario foi a Estación de Autobuses, onde se situará o punto principal de recollida das tarxetas necesarias para facer efectivo o uso destes vehículos ecolóxicos.

Leer más

EDUCACIÓN

Ferradura Aberta congregará a miles de rapaces na Alameda do 14 ao 24 de xullo

10/07/2008

Os concelleiro de Educación, Guadalupe Rodríguez, de Deportes, Andrés Fariña, e de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, presentaron unha nova edición do xa clásico programa Ferradura Aberta. Desenvolverase, coma todos os anos, no parque da Alameda e a desfrutar cos seus múltiples obradoiros e actividades están convocados todos os nenos e nenas de 2 a 5 e de 6 a 14 anos.

Leer más

TURISMO

Turismo de Santiago aposta polo fomento do turismo creativo

10/07/2008

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, fixo pública a concesión do programa europeo CREATA, que ten o obxectivo de desenvolver experiencias innovadoras de turismo creativo e no que partiparán entidades de Inglaterra, Irlanda, Irlanda do Norte, Escocia, Gales, Portugal, País Vasco e Galicia. O concelleiro, acompañado do Xerente de Turismo de Santiago, Iñaki Gaztelumendi, tamén presentou dous novos Walking Tours, enmarcados no turismo creativo, un consistente nunha visita a talleres de artistas...

Leer más
Compartir: