MERCADOS

Unha nova campaña anima aos composteláns a mercar no Mercado de Abastos

19/06/2008

O concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, e a xerente do Mercado de Abastos, Marta Rey, presentaron a campaña Apúntate ao fresquing, coa que se pretende animar aos composteláns a acudir a este tradicional mercado compostelán. Trátase tamén de promover a imaxe da Praza como lugar idóneo para comprar produtos frescos.

Leer más

EDUCACIÓN

Cen mil euros para mellorar os colexios Monte dos Postes e Fontiñas

19/06/2008

O delegado provincial da Consellería de Educación, José Manuel Mouriz, visitou xunto coa concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, o CEIP Monte dos Postes e o CEIP Fontiñas. O departamento autonómico investirá 100.000 euros en obras a realizar nestes tres centros durante o verán.

Leer más

TURISMO

O concurso "SANTIAGO(é)TAPAS" crea os premios Galicia Calidade e Maridaxe Estrella Galicia

19/06/2008

A Concellaría de Promoción Económica e Turismo presentou o premio Tapa Galicia Calidade e o premio Maridaxe Estrella Galicia, no marco do concurso SANTIAGO(é)TAPAS. Con este son xa seis os premios aos que poden optar os 45 establecementos de hostalaría que participan no I Concurso de Tapas de Santiago de Compostela, que se celebrará na cidade entre o 28 de xuño e o 13 de xullo.

Leer más

CULTURA

A Concellaría de Cultura dedícalle unha exposición a Curros Enríquez

19/06/2008

A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, inaugurou esta a exposición Manuel Curros Enríquez: nación, liberdade e progreso, no Paseo Central da Alameda, acompañada do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, e da subdirectora, Silvia Modia. Esta mostra, que se fai en colaboración coa Concellería de Cultura da Coruña, permanecerá aberta ao público ata o 1 de xullo. Enmárcase dentro de diferentes actividades coas que o departamento de Cultura quere lembrar a Curros...

Leer más

CULTURA

Entra en vigor o Regulamento do Consello Compostela Cultura coa súa publicación no BOP

19/06/2008

O xoves 19 de xuño sae publicado no BOP o Regulamento do Consello de Compostela Cultura, un texto que xa foi aprobado o 29 de maio no Pleno do Concello de Santiago. Dous días antes a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais reunírase con representantes do tecido asociativo do mundo cultural compostelán no Auditorio de Galicia para informar sobre as alegacións formuladas na fase de exposición pública do Regulamento do Consello de Compostela Cultura.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Medio Ambiente entrega as autorizacións de uso das hortas do Parque de Belvís

19/06/2008

A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, participou no acto público de entrega das autorizacións de uso das hortas de Belvís. Con isto péchase o proceso, público e aberto, de posta en marcha das hortas municipais situadas no Parque de Belvís. No acto tamén se fixo entrega dunha copia da ordenanza municipal que regula o uso das hortas a cada un dos adxudicatarios.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde exponlle aos colexios profesionais a participación de Santiago en Xangai

19/06/2008

Dentro das reunións informativas que ven mantendo con diferentes colectivos da cidade, o rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, conversou en Raxoi con representantes dos colexios profesionais de avogados, biólogos, topógrafos, xornalistas e enxeñeiros industriais, co obxectivo de explicarlles os pormenores da participación de Santiago na Exposición Universal de Xangai 2010.

Leer más
Compartir: