MEDIO AMBIENTE

Ábrese o prazo de solicitude para acceder ás hortas do Parque de Belvís

13/02/2008

A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, estará o venres 15 no Centro Sociocultural da Trisca para explicar a todos os interesados como se desenvolverá o proxecto das hortas do Parque de Belvís. Na xuntanza, que será ás 12:00 horas, a concelleira explicará cales son as condicións para poder acceder a unha parcela e demáis detalles do proceso. Ese mesmo día, a partires da xuntanza ábrese o prazo de solicitude para todos os usuarios que queiran participar. O prazo estará...

Leer más

ALCALDÍA

Os arquitectos do noroeste peninsular premian a calidade da xestión urbanística de Santiago

13/02/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á rolda de prensa ofrecida polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) para dar conta dos finalistas galegos no I Premio de Arquitectura ARQano, outorgado polos Colexios Oficiais de Arquitectos do noroeste de España. Santiago foi premiada na categoría de "ARQano ao fomento da Arquitectura 2007" pola "continua e atenta xestión urbanística que incorpora a arquitectura coma un dos seus piares fundamentais".

Leer más
Compartir: