XUNTA DE GOBERNO

O Concello pon en marcha o estudo sociolóxico que permitirá elaborar o Plan de Igualdade de Oportunidades

09/12/2008

A Xunta de Goberno Local deu luz verde hoxe a un paquete de medidas do ámbito do benestar social, entre os que salienta o inicio dun estudo sociolóxico, previo á elaboración do Plan de Igualdade de Oportunidades, ou a aprobación das listas de solicitantes de vivendas de promoción económica pública de Salgueiriños. Deu conta delas en rolda de prensa a concelleira da área, Mar Martín.

Leer más

CONSORCIO

O Consello de Administración do Consorcio aproba un orzamento de máis de 17 millóns de euros para o ano 2009

09/12/2008

O Consello de Administración do Consorcio aprobou un
orzamento de 17.692.990,64 euros para o exercicio 2009, o que permitirá desenvolver os proxectos e programas do organismo interadministrativo. Este esforzo significa consolidar o protagonismo do Consorcio como motor das políticas de recuperación urbana e dinamización turístico cultural da cidade, ademais da atención dedicada ao Programa de Información, Estudo e Interpretación da Cidade Histórica.

Leer más
Compartir: