EDUCACIÓN

Un novo Programa de Educación para Adultos permitirá preparar a obtención do título de Graduado en ESO

27/11/2008

A Concellaría de Educación, a Consellería de Educación e o Centro de Educación de Adultos Radio ECCA poñen en marcha un Programa de Educación de Adultos. O seu obxectivo é a preparación para obter o título de Graduado en Secundaria nun ano e estudando na casa. O Concello cederá os espazos necesarios para que este programa se poida implantar en Santiago.

Leer más

COMERCIO

Un surtido de bolas de chocolate leva o primeiro premio do Concurso "Regalar custa pouco"

27/11/2008

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os produtos gañadores do I Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco. O premio especial do xurado, de 750 euros, foi para o Surtido de bolas de chocolate Oceans, cun prezo de venda de 30 euros, pertencente ao estabelecemento Xocoátel. O segundo premio acadouno Xogo de tres botóns de madeira de buxo, cun prezo de venda de 4,20 euros, presentado polo estabelecemento Noroeste, xoias de autor.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Teatro e música en Conxo

27/11/2008

A Concellaría de Centros Socioculturais organiza dúas actuacións especiais no barrio de Conxo: unha obra de teatro o sábado 29 e un concerto da Real Filharmonía de Galicia o domingo día 30.

Leer más

CULTURA

Alfonso Zarauza gaña o premio ao mellor director no Festival de Viña del Mar co filme que abriu Cineuropa 2008

27/11/2008

A noite que deixou de chover, ópera prima de Alfonso Zarauza que foi estreada na xornada inaugural do Festival Cineuropa, comeza a recibir o recoñecemento dos festivais internacionais. Logo da calurosa acollida que obtivo a longametraxe no Festival Internacional de Cine de Sao Paulo e da extraordinaria recepción do Festival de Valladolid, a obra de Zarauza vén de gañar o premio Paoa no Festival de Viña del Mar, en Chile, ao mellor director.

Leer más
Compartir: