ALCALDÍA

Santiago acollerá a sede do Consello Galego de Cámaras de Comercio

08/10/2008

Unha parcela en Cancelas, a carón da que será a nova ubicación da FEGAMP, será probablemente a sede da futura sede do Consello Galego de Cámaras de Comercio. Así o ratificaron nunha xuntanza o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; e o presidente do Consello Galego de Cámaras de Comercio, Francisco Cruz Senra.

Leer más

AUDITORIO

Inaugúrase a exposición "Marxes e mapas" no Auditorio de Galicia

08/10/2008

O xoves 9 de outubro, ás 20:00 horas, na sala de exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, inaugurarase a mostra Marxes e mapas. A creación de xénero en Galicia. A exposición é unha produción propia do Auditorio de Galicia comisariada por Chus Martínez Domínguez e Xosé Manuel Lens.

Leer más
Compartir: