MERCADOS

A Praza de Abastos repartirá 10.000 euros durante a súa campaña de Nadal

12/12/2017

A concelleira de Mercados, Noa Morales, e a xerente da Praza de Abastos, Marta Rey, presentaron Nadal do Mercado, a programación especial do recinto para estas datas. As actividades buscan incentivar o consumo de produto fresco entre a xente máis nova. Coa colaboración do Concello, este ano repartiranse 10.000 euros a través de varios sorteos.

Leer más

MEDIO RURAL

Os catro grupos municipais e Ferusa analizan a situación das parroquias na primeira xornada do "cultRural"

12/12/2017

Esta tarde arrancou, na Facultade de Ciencias da Información, o encontro cultRural, co que Santiago quere converterse nos próximos días na capital da cultura rural. Na inauguración participou o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, que incidiu en que, "como dicía Otero Pedrayo, Santiago é a aldea máis grande de Europa, na que calquera persoa do rural se sente ben acollida".

Leer más

CULTURA

Preto de 400 persoas participarán nunha Cabalgata de Reis chea de maxia e de lendas

11/12/2017

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou a Cabalgata de Reis desta edición do Nadal. Case 400 persoas -a metade delas voluntarias- participarán no evento, que desta vez terá como temática a maxia das lendas. A Cabalgata volverá a ser aberta e inclusiva, coa posibilidade de participar como paxes ou como integrantes dos trens e carrozas, dende as que se repartirán 2.000 quilos de caramelos sen gluten.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Teatro Principal acolle este martes o Festival de Nadal da Escola Municipal de Música

11/12/2017

Este martes 12 de decembro, ás 19:30 horas, o Teatro Principal acolle o Festival de Nadal 2017 da Escola Municipal de Música. Máis de 180 músicos e músicas das diferentes agrupacións da EMM subiranse ao escenario para dar a coñecer o traballo realizado durante os últimos meses. Para a asistencia é necesaria a retirada da correspondente entrada previa petición na Escola Municipal de Música, ata completar o aforo do recinto.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Danza, ópera e circo na axenda cultural desta semana en Compostela

11/12/2017

O xoves, 14 de decembro, a partir das 20:30 horas, a compañía de danza Mal Pelo representará no Teatro Principal o espectáculo O quinto inverno, un poema coreográfico límpido, á vez tenro e potente, construído a partir das palabras do escritor e poeta italiano Erri de Luca.

Leer más
Compartir: