ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS

O alcalde agradece a Aspanaes o seu traballo en prol da inclusión das persoas con TEA

09/04/2018

O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais visitaron hoxe o centro de día que Aspanaes xestiona en Villestro, e que ten como obxectivo promover a inclusión social das persoas con TEA. Martiño Noriega e Concha Fernández estiveron acompañados polo persoal do centro e máis pola presidenta de Aspanaes na provincia da Coruña, María José Álvarez Folgar.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde solicitará unha reunión coa Secretaría de Estado de Medio Ambiente para analizar a proposta da EDAR da Silvouta

09/04/2018

O alcalde solicitará unha reunión coa secretaria de Estado de Medio Ambiente e presidenta de Acuaes, María García Rodríguez, para seguir analizando a proposta do Concello para a construción da nova EDAR na Silvouta. Martiño Noriega quere "esgotar todas as vías, despois da decepción da reunión celebrada hoxe coa directora xeral de Acuaes, que mantén exactamente a mesma proposta para a depuradora do Souto que foi rexeitada polo Pleno da Corporación".

Leer más

IGUALDADE

Recepción en Raxoi ás participantes no II Encontro de Mulleres na Lusofonía

07/04/2018

O Salón Nobre acolleu está mañá a recepción ás participantes no II Encontro de Mulleres na Lusofonia: Mulheres, Territórios e Memórias. No acto participaron as concelleiras de Políticas Sociais e de Acción Cultural, Concha Fernández e Branca Novoneyra, así como as concelleiras María Antón, Mila Castro e Goretti Sanmartín.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Desestimado o recurso interposto contra a adxudicación do servizo de dinamización da rede de Centros Cívicos

06/04/2018

A Xunta de Goberno deu conta hoxe da resolución do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais que desestima integramente o recurso interposto por Arasti Barca contra a adxudicación do servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de Centros Cívicos. Deste xeito, o Concello segue adiante co procedemento de contratación, e require a Ferrovial para a formalización do contrato.

Leer más

FACENDA

A Dirección Xeral do Catastro estimou o 83% das alegacións presentadas ao proceso de regularización

06/04/2018

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta este venres da finalización do proceso de regularización catastral, que puxo en marcha a Dirección Xeral do Catastro (dependente no Ministerio de Facenda e Administracións Públicas) no período 2013-2017. No caso do Concello de Santiago, esa regularización produciuse durante o ano pasado, afectando finalmente a case 10.000 veciños e veciñas de Compostela.

Leer más
Compartir: