TURISMO
Santiago é a segunda cidade con maior crecemento turístico en España
O último informe da Alianza para la Excelencia Turística, Exceltur, sitúa á capital galega como o segundo destino urbano español en crecemento turístico no terceiro trimestre do 2007, só por detrás de Valencia. As pernoctacións hoteleiras dese período en Santiago de Compostela medraron un 15,4% sobre o 2006, a só 4 décimas da capital do Turia.
CULTURA
O pianista Eldar Nebolsin actúa no Auditorio de Galicia xunto á Real Filharmonía
O recoñecido pianista Eldar Nebolsin acompaña á Real Filharmonía de Galicia para interpretar o Concerto para piano número 2 de Camille Saint-Säens. Será o xoves 10 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
O Concello negocia coa Igrexa a construción dunha capela en Meixonfrío
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o mércores 9 a representantes da Asociación Veciñal Casa Agraria, de Meixonfrío. No encontro, ao que tamén asistiu o concelleiro de Infraestruturas e Relacións Veciñais, Bernardino Rama, informaron aos veciños das negociacións coa Igrexa para a sinatura dun convenio que permita a constitución dunha parroquia en Meixonfrío e a construción dunha igrexa, como os veciños demandaron.
ALCALDÍA
Compostela aspira a lograr en dous anos 8.400 afiliados máis á Seguridade Social
Incrementar a afiliación á Seguridade Social en máis de 8.400 persoas, ata lograr os 67.200 afiliados cara 2009 é o obxectivo das políticas de emprego que a Consellería de Traballo aplicará en Santiago. Así o anunciou o seu titular, Ricardo Varela, na visita oficial que realizou ao Concello, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CULTURA
A literatura europea, en galego e baixo o nome de Compostela
Publícanse tres novos títulos da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección nada da colaboración entre a Concellaría de Cultura e a Editorial Galaxia. Deste xeito chégase aos nove títulos, que inclúen, entre as novidades recentemente chegadas ás librarías, a primeira novela do Premio Nobel 2006 Orhan Pamuk, as novas novelas de Andrea Camilleri e Bernhard Schlink e a segunda edición de Xuntos e máis nada, coa que Anna Gavalda obtivo o Premio Novela Europea do Casino de Santiago en 2005.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba axudas para a rehabilitación de 52 vivendas por 385.000 euros
A Xunta de Goberno local aprobou definitivamente a concesión e o pagamento de axudas á rehabilitación para un total de 52 vivendas do Casco Histórico. A cantidade achegada será de 385.510 euros.
MEDIO AMBIENTE
O Concello recollerá as árbores de Nadal para a súa recuperación
A partires do martes día 8 de xaneiro e mentres se manteña a demanda cidadá, a Concellaría de Medio Ambiente realizará a recollida das árbores de Nadal que poidan ser recuperadas.
FESTAS
Os Reis Magos repartiron caramelos e ilusións entre os nenos composteláns
Un Nadal máis e malia a amenaza da choiva, as familias compostelás saíron á rúa para participar na tradicional Cabalgata de Reis. As súas Maxestades repartiron ilusión entre os máis novos, que os seguiron no seu multitudinario percorrido ata a praza do Obradoiro.
CULTURA
"Camiño a Guantánamo" inaugura o ciclo Cinema e Dereitos Humanos
Un ano máis, chega en xaneiro o Ciclo Cinema e Dereitos Humanos ao Teatro Principal. Celebrarase do 7 ao 11, ambos incluídos, en dous pases ás 20:15 e ás 22:15 horas, organizado pola Concellaría de Cultura. O filme que inaugura o ciclo é Camiño a Guantánamo, de Michael Winterbottom e Mat Whitecross, premiado co Oso de Prata do Festival de Berlín no 2006.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo prevé un 2008 de "restricións" polo descenso dos ingresos por ventas patrimoniais
Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou que o Goberno municipal segue a traballar na elaboración dos orzamentos municipais para 2008. Neste sentido, anticipou que "o 2008 será un ano de restricións" para uns orzamentos que deben "encaixar un escenario económico máis complexo que nos últimos anos".