ALCALDÍA
O alcalde atopa "correcta, positiva e complementaria" a proposta para Santiago do Plan Sectorial de Vivenda
A previsión de 3.000 vivendas protexidas do Plan Sectorial de Vivenda para a zona de Mallou é considerada polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo como "correcta, positiva e complementaria" coa actuación municipal en materia de vivenda. Esta dotación unirase ás 6.000 promovidas pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA) no mesmo período.
ALCALDÍA
Relevo na Xefatura da Comandancia da Garda Civil da Coruña
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, José Furelos Mogo, que se despide do cargo.
CULTURA
O papel da comunicación nas cidades, a debate en Santiago
O IV Foro da Cidadanía e a Comunicación reúnese en Santiago do 13 ao 15 de novembro, para por en común métodos e experiencias que sirvan para comprender as actividades comunicativas nas cidades galegas e do norte de Portugal. O programa do Foro incluía unha visita ao Concello, onde foron recibidos pola concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e parte da Corporación municipal.
CULTURA
O director catalán Jaime Rosales recibe o Premio Cineuropa 2008
O festival Cineuropa 2008 vivirá o sábado 15 de novembro unha das súas xornadas máis especiais, coa entrega do premio Cineuropa ao cineasta catalán Jaime Rosales. A gala, que se vai celebrar ás 17:00 horas no Teatro Principal, contará coa presenza do propio director e vai estar presidida pola concelleira de Cultura, Socorro García, que entregará persoalmente o galardón.
ALCALDÍA
O Concello únese ao Día Mundial da Diabetes
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, achegouse á carpa que a Asociación Compostela de Diabéticos instalou no Toural con motivo do Día Mundial da Diabetes. Na mesma ofrecíase información sobre as causas, os tratamentos e as complicacións asociadas a esta enfermidade.
MOBILIDADE
A Policía Local realizou máis de 3.000 controis de alcoholemia en 2008
A concelleira de Mobilidade, Marta Álvarez-Santullano e o xefe da Policía Local, Norberto Villaverde, presentaro os datos sobre controis de alcoholemia no que vai de 2008. Neste período, a Policía Local realizou 3.092 probas, das que 2.984 se realizaron de forma preventiva.
MERCADOS
A Caravana dos Cativos trae a Santiago aos personaxes de animación máis populares
O recinto feiral de Amio acollerá entre o 22 e o 23 de novembro o parque temático infantil A Caravana dos Cativos. Dirixido a rapaces con idades entre os 2 e os 14 anos, xuntará por primeira vez en Santiago nun único evento a multitude de personaxes de animación infantís.
TURISMO
Talleres gastronómicos para nenos e catas de viños e produtos galegos con "Santiago Repetirás"
O sábado 15 arrinca o programa gastronómico Santiago Repetirás, organizado por Turismo de Santiago, con talleres gastronómicos para nenos e unha cata de viños da D.O. Rías Baixas maridados con produtos galegos. As actividades desenvolveranse no Hostal dos Reis Católicos, en horario de mañá e tarde. O obxectivo deste programa é converter a enogastronomía galega nun dos atractivos da cidade.
CULTURA
Ábrese o ciclo audiovisual da exposición "Marxes e mapas"
Abriuse na Zona "C" o Ciclo Audiovisual que complementa a mostra Marxes e mapas. A creación de xénero en Galicia, que se pode ver no Auditorio de Galicia ata o 1 de febreiro de 2009.
CULTURA
Cineuropa afonda en problemáticas sociais da máis estrita actualidade
A XXII edición do Festival Cineuropa sitúase no cerne de distintos conflitos sociais contemporáneos coa proxección de filmes comprometidos que levan á pantalla de cinema problemáticas urxentes do noso tempo e lugar.