CULTURA
Teatro & Danza programa na Zona C "Lampíricos", performance de Antón Lopo
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou na Zona C Lampíricos, performance e acción de Antón Lopo, acompañado polo propio Antón Lopo e Tono Arias, fotógrafo, director da galería Dispara e coprodutor da representación.
TURISMO
Área Santiago solicitará apoio a Turismo de Galicia e ás Deputacións da Coruña e de Pontevedra para promocionar os 19 concellos
O Grupo da Área Santiago acordou solicitar reunións coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e cos presidentes das Deputacións da Coruña e de Pontevedra, Diego Calvo e Rafael Louzán, para amosarlles os obxectivos do grupo, as liñas de traballo que se están a desenvolver e solicitarlles o apoio das administracións autonómica e provincial nun proxecto xurdido a partires do Concello de Santiago e o traballo colaborativo de 19 concellos, que suman unha poboación de 270.000 persoas, practicamente o 10% da...
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Santiago de Compostela participa nun encontro internacional de cidades irmandadas con Coimbra
Coimbra recibiu os días 13 e 14 de xuño delegacións de nove cidades irmandadas con esta cidade portuguesa. Representando a Santiago asistiu o terceiro tenente de alcalde e concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya. Tamén participaron as cidades de Aix-en-Provence (Francia), Beira (Mozambique), Damão (Índia), Esch-sur-Alzette (Luxemburgo), Fez (Marrocos), Santa Clara da California (USA), Mindelo (Cabo Verde) e Yaroslavl (Rusia).
ALCALDÍA
O príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, visitou o Concello de Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu a SAI o príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, co que mantivo un breve encontro en Raxoi. O alcalde acompañou á Súa Alteza Imperial en toda a súa estadía en Santiago.
SANIDADE
Uns peregrinos moi especiais na busca dun fogar uníronse a Romaría Pop
Por cuarta vez, os cans residentes no Refuxio de Bando, xunto con voluntarios e padriños realizaron a última etapa do Camiño de Santiago, para dirixirse logo ao Parque de Belvís. Alí, como novidade e no marco da Romaría Pop, houbo unha Pasarela de Adopción dos cans participantes e un posto informativo.
EDUCACIÓN
Aberto o prazo de preinscrición nos servizos de comedor e de madrugadores en nove centros escolares para o curso 2013-2014
Hoxe venres, 14 de xuño, abriuse o prazo de preinscrición nos servizos de comedores e de madrugadores en varios centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, xestionados polo Concello de Santiago. O prazo estará aberto ata o 21 de xuño.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ruta micolóxica polo Tambre
O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha nova xornada dedicada ás setas o sábado 15 de xuño. Está organizada pola Asociación Micolóxica Pan de Raposo e a Concellería de Centros Socioculturais.
ALCALDÍA
Chegan a Compostela 90 policías nacionais procedentes de Ávila tras realizar o Camiño
O alcalde compostelán, Ángel Currás; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, recibiron un grupo de 90 policías, futuros inspectores, procedentes da Escola Nacional de Policía de Ávila, que realizaron o Camiño de Santiago xunto con varios profesores.
BENESTAR SOCIAL
Un encontro reúne en Santiago 50 mulleres con discapacidade da provincia da Coruña
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu no Hotel Porta do Camiño á inauguración do encontro provincial "Espazos para a Reflexión. Mulleres con capacidade", organizado pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar).
OBRAS E BRIGADA
O Concello acomete a reparación de rúas do Ensanche e do Campus Sur
O concelleiro da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, deu conta do próximo inicio das obras de reparación das rúas do Ensanche e do Campus Sur. As obras no Ensanche foron adxudicadas por 124.924 euros e teñen un prazo de execución de 60 días. Beneficiarán de forma integral a sete rúas, pero tamén se actuará no resto de vieiros.