ALCALDÍA
A entrada de mochilas na Catedral quedará prohibida a partir do 1 de abril
Celebrouse no Concello a segunda reunión do Órgano de Coordinación Superior do Plan Director de Seguridade do Xacobeo 2010, no que se avaliou a aplicación do dispositivo de seguridade deseñado para os primeiros meses do ano e as previsións de cara á celebración da Semana Santa.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Dezaseis procesións, liturxia e un intenso programa musical na Semana Santa
A Semana Santa volve a ser un punto de atracción para turistas e veciños, cun amplo programa de procesións e actos litúrxicos. Ademais, ven acompañada dunha nova edición dun evento musical xa consolidado e prestixiado como o Festival de Músicas Contemplativas.
CONSUMO
Unha nova guía da OMIC informa ao consumidor sobre algunha das pólizas de seguro máis habituais
Con motivo do Día Mundial do Consumidor, a Oficina Municipal de Información ao Cidadán (OMIC), vén de lanzar unha das súas guías. Nesta ocasión trátase dunha Guía de Seguros, tanto no ámbito do fogar e das viaxes. Ademais, tamén se editou unha breve guía dos dereitos dos consumidores da electricidade, informando fundamentalmente do chamado bono social.
TURISMO
Máis de 150 empresas e servizos da cidade reciben a distinción de calidade turística
O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) outorgará en Santiago de Compostela máis distintivos de calidade que en ningún outro ano, segundo informou a Mesa de Calidade Turística, presidida polo concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e responsable da xestión local deste sistema nacional de calidade turística avalado pola Secretaría Xeral de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Arredor duns 170 veciños acompañados polo alcalde percorreron o último tramo do Camiño Inglés
Arrincou a iniciativa Fai o Camiño connosco, coa que a Concellería de Participación Cidadá quere convidar a todos os cidadáns a realizar o Camiño de Santiago neste Ano Santo. Nesta primeira rota participou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañando a membros de preto de 40 colectivos da cidade.
ALCALDÍA
O alcalde reitera o seu "pleno apoio" á USC
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quixo reiterar a posición do Goberno municipal respecto á Universidade de Santiago, expresada xa en rolda de prensa o martes 2 de marzo. Expresou o seu "respecto" á autonomía da USC e garantiu o apoio ao equipo reitoral que saia das urnas, sexa cal sexa.
DEPORTES
FC Barcelona, SC Braga e a Selección de Santiago Sub-19 disputarán o I Trofeo de Fútbol Base "Cidade de Santiago"
O concelleiro de Deportes, Bernardino rama, presentou o I Torneo Internacional Cidade de Santiago de Fútbol Base, que se disputará no Estadio de San Lázaro o mércores 31 de marzo.
CULTURA
Sons da Diversidade acolle a revisión pop da música tradicional galega de Roi Casal
O que fora durante case unha década arpista de Milladoiro, Roi Casal, revisa e redefine a música tradicional galega no seu primeiro traballo en solitario, Lendas douradas, que presenta o sábado 13 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. O concerto enmárcase dentro do ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Santiago acollerá en setembro un seminario internacional sobre coidadores familiares
A cidade acollerá o 16 e 17 de setembro un seminario internacional no que participarán as entidades socias do proxecto europeo Coidadores Familiares, pertencente ao programa Leonardo Da Vinci: Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Caring of Carers de Irlanda, INTEGRA PLUS de Bélxica, ADMR de Francia, Academia de Formación de Eslovaquia, o Instituto para o Desenvolvemento e a Formación da illa francesa de Córcega, e a Escola de Formación de Italia.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións rende homenaxe a Isaac Díaz Pardo
A Casa das Asociacións, como espazo de encontro e relación da Concellaría de Participación Cidadá, está a promover ao longo do ano diversos actos de recoñecemento público a composteláns destacados no eido do asociacionismo ou cuxo percorrido vital ou profesional deixasen unha pegada no imaxinario da nosa cidade. Así, o xoves 18 de marzo, o homenaxeado será Isaac Díaz Pardo.