EDUCACIÓN E TRÁFICO
A campaña "Ao cole seguros" conciencia os máis pequenos sobre os desprazamentos seguros aos centros educativos
Presentouse no CEIP López Ferreiro a campaña Ao cole seguros, dirixida aos escolares de primeiro ciclo de educación primario. O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos escolares sobre os desprazamentos seguros ao colexio como peóns e como viaxeiros de transporte público e de vehículo privado.
MOBILIDADE
O concelleiro de Mobilidade cre que a peonalización de rúas favorecerá a revitalización do pequeno comercio
Tras a primeira experiencia de peonalización das rúas Xeneral Pardiñas e República do Salvador, o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez, sacou conclusións satisfactorias tanto dende o punto de vista da mobilidade como dos residentes e do comercio.
ALCALDÍA
O alcalde, satisfeito coa primeira experiencia de peonalización en rúas do Ensanche
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, amosouse satisfeito pola experiencia de peonalización da última fin de semana das rúas República do Salvador (tramo entre Doutor Teixeiro e a Praza Roxa) e Xeneral Pardiñas (entre a República Arxentina e Montero Ríos).
DEPORTES E BENESTAR SOCIAL
Primeira edición do Campus Vero Boquete
Nace, con vocación de continuidade e consolidación, o Campus Vero Boquete de fútbol e fútbol sala. A primeira edición do evento celebrarase no complexo deportivo de Santa Isabel os días 27, 28 e 29 de decembro.
XUNTA DE GOBERNO
Unha ordenanza regulará a publicidade e a rotulación nos diferentes ámbitos da cidade
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de ordenanza reguladora da publicidade e da rotulación en Santiago de Compostela. Esta normativa específica ten como obxectivo fixar medidas protectoras para ámbitos como o casco histórico e fomentar solucións innovadoras para outras partes da cidade.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o Nobel Sheldon Glashow
O Nobel de Física en 1979, Sheldon Glashow, está en Compostela para participar na sexta edición do programa ConCiencia, organizado polo Consorcio e a Universidade de Santiago. O científico foi recibido en Raxoi polo alcalde, Xerado Conde Roa.
ALCALDÍA
Conde Roa salienta o carácter vertebrador do tramo de alta velocidade que une Santiago con Ourense e A Coruña
A alta velocidade arrancou en Galicia cunha viaxe inaugural entre A Coruña, Santiago e Ourense que durou unha hora e nove minutos e no que participou o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, así como os rexedores das outras dúas cidades, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o ministro de Fomento en funcións, José Blanco; ou o presidente de Asturias e extitular da carteira de Fomento, Francisco Álvarez Cascos.
ALCALDIA
O alcalde de Santiago será o delegado rexio na Ofrenda da Traslación
Segundo comunicou a Casa Real, o alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, será o delegado rexio no acto da Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo de 2011, que terá lugar o venres 30 de decembro.
TURISMO
O Cersia convértese no centro das aplicacións para móbiles de Galicia
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, inaugurou hoxe MobileConGalicia, a primeira conferencia para desenvolvedores de aplicacións para móbiles de Galicia, un evento patrocinado polo Concello de Santiago e que se celebra no edificio Cersia, onde se deron cita máis de 150 de profesionais do sector.
ALCALDÍA
Recupérase a tradición da árbore de Nadal dentro do Pazo de Raxoi
A entrada das dependencias do Concello no Pazo de Raxoi están presididas desde hoxe por unha árbore de Nadal. Recupérase deste xeito unha iniciativa que xa se levara a cabo en mandatos pasados.