ALCALDÍA
Inaugurado o LVI Curso Internacional "Música en Compostela"
A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, inaugurou no Hostal dos Reis Católicos o LVI Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela, que se desenvolverá ata o 17 de agosto. 120 alumnos e alumnas de diversas nacionalidades participan nesta edición, que inclúe a celebración de oito concertos.
BENESTAR SOCIAL
Entrega de diplomas aos participantes no curso de auxiliar de almacén organizado pola Concellería de Benestar Social
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, clausurou e entregou os diplomas do curso de auxiliar de almacén que se veu realizando no Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns. Este curso está incluído dentro dos programas de prevención de drogodependencias financiados polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
REHABILITACIÓN
Rematan as obras de restauración do monumento a San Francisco
A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, e a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón, visitaron as obras de restauración do monumento a San Francisco de Asís, obra de Francisco Asorey. Estes traballos permitiron combater a humidade e eliminar vexetacións e musgos, que estaban a provocar a disgregación dos morteiros.
TURISMO
Bollywood visita Santiago de Compostela
O presidente da Asociación de Produtores de Cine e Televisión da India, Kulmeet Makkar, visitará Santiago esta fin de semana na busca de novas localizacións para a rodaxe de películas e series de televisión das súas produtoras asociadas, segundo anunciou a concelleira de Turismo, Reyes Leis.
CULTURA
Todo listo para "Verán na rúa"
En agosto e na primeira quincena de setembro, as rúas e prazas de Compostela encheranse coa cor dunha programación que inclúe propostas diferentes. Trátase de Verán na rúa, unha variada oferta da que poderá gozar especialmente o público infantil e familiar, que solo terá que coller un bo lugar para ver os diferentes espectáculos gratuítos, que tomarán de novo as rúas do casco histórico de Compostela de luns a venres. Unha refrescante oferta cultural que comezará o martes 6 de...
FESTAS
Os concertos de Raphael e Primal Scream celebraranse os días 4 e 6 de setembro
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, deu conta en rolda de prensa das novas datas dos dous concertos de pago, incluídos nas Festas do Apóstolo, e aprazados con motivo do accidente ferroviario de Angrois. Así, as actuacións de Raphael e Primal Scream celebraranse os días 4 e 6 de setembro, respectivamente, no lugar inicialmente previsto, a praza da Quintana. A estas actuacións sumarase o 5 de setembro o concerto gratuíto de Soraya.
TURISMO
Santiago adhírese á Green Pilgrimage Network, rede para a protección do medio ambiente de rutas e cidades de peregrinación
Santiago de Compostela é xa socio da Green Pligrimage Network, unha rede internacional para a protección medioambiental das rutas e cidades de peregrinación. A adhesión de Santiago produciuse durante a celebración do segundo encontro internacional desta rede, que se celebrou entre o 26 e o 29 de xullo na cidade de Trondheim, en Noruega. Aproveitando a celebración deste encontro, tamén se celebrou na cidade norueguesa unha reunión do Proxecto Certo para a promoción conxunta do Camiño de Santiago, a Ruta de San Olav, que...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de acceso ás zonas altas da Almáciga
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o proxecto de execución de acceso ás zonas altas da Almáciga, nos ámbitos das rúas Basquiños e Pastoriza. Ademais, deu o visto bo aos proxectos de sete obras do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2013), dos que se beneficiarán as parroquias do rural.
XUVENTUDE
Recepción aos participantes no campamento urbano do Centro Don Bosco
As concelleiras de Xuventude, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, recibiron os participantes no campamento urbano organizado polo Centro Xuvenil Don Bosco.
XUVENTUDE
Máis de 160 accións de voluntariado neste mes de agosto na comarca de Santiago
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez; o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro; e o secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, visitaron a actividade de Voluntariado Ambiental que se está a levar a cabo no Monte Pedroso. Asistiron a unha clase práctica de cartografía, consistente en buscar no mapa diferentes puntos dende o alto do monte.