MULLER
Un torneo de fútbol sala feminino pechou os actos con motivo do Día da Muller
Os actos organizados polo Concello con motivo da celebración do Día da Muller, o 8 de marzo, concluiron coa celebración dun torneo de fútbol sala feminino. 135 xogadoras de 13 equipos competiron polos dous trofeos de coiro deseñados especialmente para a ocasión pola artesá Ana Serra (Medialúa), unha das homenaxeadas no devandito Día da Muller.
EDUCACIÓN
Clausura das clases maxistrais de violín impartidas na Escola Municipal de Música
O Casino de Santiago acolleu o concerto de clausura das clases maxistrais de violín que veu impartindo Anca Smeu, violinista coprincipal da Real Filarmonía de Galicia, na Escola Municipal de Música. Neste concerto final participaron tanto o alumnado que asistiu ás clases como a súa profesora.
EDUCACIÓN
Segundo concerto familiar do ciclo didáctico "Os cantos do país do xeo"
Un bo número de familias de Compostela participou no segundo dos concertos familiares do ciclo Os cantos do país do xeo. Un cuarteto da Escola Municipal de Música e a actriz Mónica de Nut, representaron este espectáculo de creación musical.
TURISMO
Santiago de Compostela promocionará a súa Semana Santa por primeira vez nos mercados español e internacional
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presentou a programación da Semana Santa 2012. O Concello quere asentar esta celebración como un aliciente máis do atractivo turístico da cidade, polo que nesta edición se promocionará o evento nos mercados español e internacional.
MEDIO AMBIENTE
Acción de promoción da eficiencia enerxética entre os cidadáns na praza do Toural
A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, asistiu na praza do Toural á a presentación do programa Módulo itinerante para a eficiencia enerxética, desenvolvido pola FUNDAinnovaCIÓN. Tamén asistiu o director do INEGA, Eliseo Diéguez.
ALCALDÍA
De Roncesvalles a Santiago, en patíns
Patinando o Camiño é un proxecto audiovisual no que Anuska Gil percorrerá en patíns o Camiño dende Roncesvalles a Santiago de Compostela, homenaxeando a mulleres que destacan pola súa solidariedade e labor humanitario. O traxecto realizarase durante o mes de maio en 29 etapas e, ao chegar a Santiago, entregarase ao Apóstolo unha capa confeccionada coas diferentes achegas das persoas que se encontren no camiño, como símbolo de unión.
ALCALDÍA
Recepción aos participantes na asemblea anual da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu os participantes na asemblea anual da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, con motivo do seu XXV Aniversario.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Compostela Cine Classics achega os mellores filmes de sempre a todos os públicos
As películas que todo aspirante a cinéfilo debería ver acompañadas dun café, obradoiros de cine, faladoiros, e un gran concerto. Todo isto é Compostela Cine Classics’12, un novo programa da Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais para os vindeiros meses.
FESTAS
San Lázaro celebra a tradicional Festa da Uña cun amplo programa lúdico e gastronómico
Os días 24, 25 e 26 de marzo celebrarase no barrio de San Lázaro a Festa Gastronómica da Uña. O Concello colabora con esta festa, de gran tradición na cidade, na que non faltarán a poxa e a degustación das uñas, acompañadas dun completo programa lúdico.
COMERCIO
O Concello premia o traballo do pequeno comercio compostelán
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou os Premios do Comercio Compostelán 2012, cos que o Concello quere recoñecer o traballo e o esforzo dos pequenos comerciantes da cidade e que se entregarán o día 19 de abril nunha recepción no Concello. Reyes Leis destacou a importancia que o sector comercial ten para a cidade tanto como xerador de emprego como humanizador de rúas e barrios.