URBANISMO
Pechado o acordo cos propietarios de O Ferrado, EMUVISSA xa dispón do 92% do SUNP-5
O Consello de Administración de EMUVISSA, presidido polo alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo, pechou o acordo cos propietarios de O Ferrado que, xunto cos acordos asinados con outros propietarios, outorga á Empresa Municipal de Vivenda e Solo a propiedade do 92% do chan do SUNP-5.
MEDIO AMBIENTE
Novo contrato de mantemento para o parque de Brandía
O Goberno local deu o visto bo ao proxecto de contratación do Servizo de conservación de mantemento do parque de Brandía, cun tipo de licitación de 55.849 euros. Estímase un tempo de dous meses e medio como o necesario para adxudicar este servizo.
EMPREGO E MEDIO AMBIENTE
A planta de Compostela Inserta xera 400 toneladas anuais de compost e forma a 12 persoas
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, visitaron a planta de compostaxe de Compostela Inserta, situada en Amio. Este é un proxecto novedoso que ten como obxectivo facilitar o acceso ao mercado laboral de colectivos de difícil inserción a través da creación de empresas en actividades produtivas consideradas novos xacementos de emprego. A través de Compostela Inserta estanse formando...
FESTAS
Traxes galegos e gospel nunha nova xornada das Festas do Apóstolo
As Festas do Apóstolo continúan ofrecendo múltiples actividades e espectáculo para todas as idades e gustos. Se o luns 21 foi o cantautor brasileiro Caetano Veloso quen conseguiu congregar a máis de 2.000 persoas na Quintana, o mércores 23 tócalle o turno á parte máis tradicional das festas: a celebración do Día do Traxe Galego.
FESTAS
Bassekou Kouyate & Ngoni Ba trae os ritmos de Mali a Compostela
O grupo de Mali Bassekou Kouyate & Ngoni Ba o martes 22, ás 23:00 horas, na praza da Quintana. Este concerto gratuíto, que forma parte do Compostela Festival, promete unha gran variedade de ritmos africanos co acompañamento dun instrumento de corda con moita tradición no seu país de orixe, o ngoni.
MEDIO AMBIENTE E CULTURA
Remata o prazo para inscribirse no Obradoiro Medioambiental "O Gardaparques"
O mércores 23 de xullo terá lugar un novo Obradoiro Medioambiental de 11:00 a 13:00 horas no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda. Desta volta tratase de "O Gardaparque", unha actividade dirixida a alumnos de primaria que axudará a coñecer mellor a Alameda. Estes Obradoiros Medioambientais enmárcanse dentro do programa Vive o Verán, que organizan a concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel e a de Cultura e Centros Socioculturais.
FESTAS
A auga únese á pirotecnia e ao láser na noite grande do Apóstolo
Unha fonte cibernética de 22 metros será unha das novidades dos Fogos do Apóstolo 2008. Así, a auga únese á pirotécnica e ás proxeccións e efectos de luz nun dinámico espectáculo multimedia de 34 minutos.
FESTAS
Arredor de 15.000 persoas acudiron ao pregón de Boris Izaguirre e á actuación de Carlos Baute
As Festas do Apóstolo 2008 arrincaron no Obradoiro co lectura do pregón a cargo do escritor e presentador, Boris Izaguirre. O polifacético comunicador, que se amosou ilusionado por ser o pregoeiro destas festas, destacou no seu discurso o amor que sente por Santiago de Compostela, as súas xentes e rúas e quixo compartir con todos os presentes no Obradoiro as experiencias que viviu nesta cidade na súa xuventude.
ALCALDÍA
O Colexio Peleteiro poderá emprender as obras do seu novo complexo coa vista posta no curso 2009-2010
Pendente dunhas pequenas aclaracións en canto a servizos básicos, a Xunta de Goberno aprobará a licenza das novas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro nas sesións do 22 ou do 29 de xullo. Deste xeito, a propiedade poderá reanudar antes de que remate xullo as obras do complexo educativo de Monte Redondo (Montouto).
ALCALDÍA
A cidade homenaxeou ao Batallón Literario no bicentenario da súa saída para loitar contra a invasión francesa
Dous centos anos despois da súa saída para incorporarase ás tropas do xeneral Blake para loitar contra a invasión francesa, o Batallón Literario foi homenaxeado na praza da Quintana. A ofrenda floral, presidida polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, celebrouse aos pés da placa que lembra esta xesta: "Aos heroes do Batallón Literario de 1808. Os escolares composteláns de 1896 e os concellos de 1822, 1865 e 1896".