DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS E CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro de Maiores e o novo CSC do Ensanche compartirán instalacións "para apostar polo envellecemento activo e as actividades interxeracionais"
As antigas dependencias da Tesourería Xeral da Seguridade Social na rúa de San Pedro de Mezonzo convertiránse no Centro de Maiores e no Centro Sociocultural do Ensanche, "dous servizos que compartirán un equipamento municipal integrado que permitirá apostar polas actividades interxeracionais e fomentar o envellecemento activo da poboación maior de Compostela". As concellarías de Dereitos e Servizos Sociais e Centros Socioculturais están a traballar de maneira coordinada no deseño das instalacións, co obxectivo de...
URBANISMO
O Concello pon en valor as obras da contorna do Castelo medieval da Rocha Forte
O Centro Sociocultural da Rocha acolleu esta tarde un evento coa veciñanza co obxectivo de pór en valor as obras de acondicionamento da contorna do Castelo medieval da Rocha Forte, rematadas en 2022. Esta intervención, realizada polo Concello de Santiago no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) permitiu a recuperación da zona e a inclusión de novas infraestruturas para mellorar o acceso de veciñanza e visitantes a esta singular fortaleza medieval.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Consello Municipal de Persoas Maiores estuda o proxecto da Casa dos Maiores
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, presidiu o Consello Municipal de Persoas Maiores, na primeira reunión do órgano neste mandato. Na xuntanza, María Rozas deu conta do proxecto da futura Casa dos Maiores, que o Goberno proxecta nas antigas dependencias da Seguridade Social en San Pedro de Mezonzo. Tamén se avaliou a situación do Servizo de Axuda no Fogar.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Santiago promove unha campaña de concienciación sobre hábitos de consumo responsable coincidindo coa Semana Europea de Prevención de Residuos (EWWR)
O Concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras, Xesús Manuel Domínguez Domínguez, presentou a campaña O Gran Encontrón, centrada na concienciación da cidadanía en hábitos de consumo responsable e nunha xestión sostible dos recursos e os residuos.
EMPREGO
Clausurado o obradoiro de emprego Innobosque
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presidiu hoxe a entrega dos diplomas acreditativos ás persoas participantes no obradoiro de emprego Innobosque, que se desenvolveu ao longo do último ano. No acto tamén participou o xefe territorial da Conselleria de Promoción do Emprego e Igualdade, Pedro Pablo Lorenzo Díaz.
ALCALDÍA
Minuto de silencio polas nenos e nenas vítimas do conflito en Gaza
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola polos nenos, nenas e adolescentes, vítimas do conflito en Gaza, convocado polo Concello de Santiago e FANPA Compostela con motivo do Día Mundial da Infancia.
XUNTA DE GOBERNO
Bota a andar o proxecto "Entre Sar e Sarela" con máis de 3,2 millóns de orzamento para varias intervencións medioambientais na cidade
A Xunta de Goberno local deu luz verde á aceptación da subvención de 3.228.069,12 euros para o desenvolvemento do proxecto "Entre Sar e Sarela", unha axuda concedida pola Fundación Biodiversidad como parte do programa europeo NextGeneration EU. Tamén se aprobou a creación dos órganos de gobernanza e participación que permitirán a xestión deste ambicioso proxecto que recolle actuacións en diferentes zonas da cidade como o barrio de Pontepedriña, o Xardín Botánico, a lagoa do Auditorio de...
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Concello súmase á conmemoración do Día da Infancia coa celebración dun pleno infantil
Un grupo de alumnos e alumnas dos CEIP Quiroga Palacios convertéronse en concelleiros e concelleiras por un día e celebraron un pleno municipal con motivo do Día Mundial da Infancia, que se conmemora o 20 de novembro. Con eles estiveron o alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, e varios membros da Corporación municipal.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Convocados os Consellos Municipais de Persoas Maiores e de Cooperación ao Desenvolvemento
A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais vén de convocar as primeiras reunións deste mandato de dous dos Consellos Municipais de participación que dependen do departamento, o de Persoas Maiores e o de Cooperación ao Desenvolvemento.
COMERCIO
Máis de 12.000 persoas beneficiaránse dos Bonos Corazón, esgotados en 30 horas
Os Bonos Corazón quedaron esgotados onte, pouco máis de 30 horas despois de que se habilitara a súa descarga na web bonoscorazoncompostela.gal. Un total de 12.051 persoas descargaron 21.650 bonos, que se poderán utilizar ata o 22 de decembro. A convocatoria permitirá mobilizar máis dun millón de euros no comercio e na hostalería locais.