EQUILIBRIO TERRITORIAL

Remata a primeira fase das obras da Cañoteira, que permitirán que autobuses ou ambulancias accedan ao interior de Marrozos

21/12/2017

O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, visitaron este xoves a parroquia de Marrozos, para comprobar os avances nas obras que se están executando no lugar da Cañoteira. No percorrido estiveron acompañados polos representantes da veciñanza da parroquia.

Leer más

PLENO

O Concello de Santiago insta á Xunta a denegar a reapertura da mina de cobre de Touro-O Pino

21/12/2017

O Concello de Santiago instará á Xunta de Galicia a denegar a reapertura da mina de cobre dos municipios de Touro e O Pino. Así se acordou no Pleno celebrado este xoves, a partir dunha proposta do BNG que contou co voto favorable de Compostela Aberta e do PSOE e coa abstención do PP. O texto aprobado hoxe lembra que o proxecto de megaminería de Touro-O Pino aféctalle a preto de 700 hectáreas, das que 500 son terreos agrícolas e forestais. Tamén se estima que a reapertura da mina afectaralle a augas soterradas, ao propio río...

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago adxudica as obras de conservación da igrexa de Santa Cristina de Fecha

20/12/2017

No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de Santa Cristina de Fecha, situada na parroquia homónima. O organismo interadministrativo acaba de adxudicar a obra á empresa Murúa, S.C., por un orzamento global de 21.041,40 euros.

Leer más

CONVIVENCIA

A Policía Local fai un chamamento a condutores e condutoras para evitar as distraccións ao volante

20/12/2017

A Policía Local de Santiago fai un chamamento aos condutores e condutoras para que eviten as distraccións ao volante, que cada vez causan máis accidentes de tráfico. No que levamos de ano, rexistráronse 632 denuncias por distraccións, e en 2016 foran 707. Falamos, ademais, de infraccións graves, que implican unha sanción de 200 euros, e a perda de 3 puntos do carné.

Leer más
Compartir: