EMPREGO

A Mesa polo Emprego aproba as actividades formativas para este exercicio, ás que se destinan 105.000 euros

20/03/2018

A Mesa polo Emprego reuniuse esta mañá no Concello de Santiago para abordar diversas cuestións de interese en materia de empregabilidade para este ano 2018. A xuntanza estivo presidida pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e contou coa asistencia de Cámara de Comercio, Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, CCOO, UGT e Asociación Plataforma polo Emprego.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde recibe os traballadores e traballadoras de Urxencias do CHUS

20/03/2018

O alcalde recibiu esta mañá a representantes dos traballadores e traballadoras do servizo de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago, que veñen denunciando as malas condicións neste departamento, que repercuten na atención aos doentes. Martiño Noriega quixo facer un chamamento público a que "se adopten medidas para que se mude a situación, que lle está a afectar a un servizo especialmente sensible".

Leer más

CONSORCIO

David Hill, un dos mellores organistas do mundo, dirixe esta semana a RFG e tocará varias obras ao órgano

19/03/2018

A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos. O primeiro será o xoves 22 de marzo en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas, no marco da súa tempada de abono, e co que se abre o programa de actuacións do ciclo De lugares e órganos, que promove o Concello de Santiago. O venres a orquestra desprazarase a Ferrol, onde tocará no Auditorio Municipal da cidade, tamén ás 20:30 horas, dentro da programación da Sociedade Filharmónica Ferrolá.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde participa na tradicional poxa das uñas de San Lázaro

19/03/2018

O alcalde, Martiño Noriega, participou esta mañá na tradicional poxa das uñas de San Lázaro, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro. O rexedor volveuse sumar así a esta festividade, da que o Concello é promotor por segundo ano consecutivo.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O Goberno presenta unha proposta alternativa para a construción da nova EDAR

16/03/2018

O Goberno local vaille remitir a Acuaes e a Augas de Galicia unha proposta alternativa para a construción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais, despois de que o Pleno da Corporación rexeitara onte a aprobación do convenio da EDAR do Souto. O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentaron hoxe os detalles do proxecto, que aposta pola localización das instalacións na mesma parcela que acolle a actual depuradora da Silvouta. A proposta tamén lle foi facilitada esta...

Leer más

DEPORTE

Compostela acollerá o Campionato Galego de Milla Urbana, que inclúe unha proba popular

16/03/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este venres a I Milla Urbana "Portas de Compostela", que se celebrará en Santiago o vindeiro 8 de abril. Na rolda tamén estiveron o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o delegado desta Federación en Santiago, Iván Sanmartín; e o presidente do Club Atletismo Santiago, Alfonso López Menduiña.

Leer más
Compartir: