ALCALDÍA

A segunda edición da SELIC encherá a Quintana de actividades arredor do libro do 1 ao 10 de xuño

25/05/2018

Máis dunha trintena de expositores, entre editoras, librarías e institucións tomarán parte na segunda Semana do Libro de Compostela (SELIC), que se desenvolverá na praza da Quintana do venres 1 ao domingo 10 de xuño. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou esta mañá o programa de actividades nunha rolda de prensa que compartiu coa concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e con Carlos Valdés, membro da editora Irmás Cartoné e un dos representantes da Mesa do Libro de...

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia pecha a súa tempada de concertos co recoñecido oboísta Lucas Macías

24/05/2018

A Real Filharmonía de Galicia pecha esta semana a súa tempada anual de concertos con dúas actuacións. A primeira será hoxe xoves no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas, dentro da tempada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación. Mañá venres, o Auditorio de Galicia acollerá a clausura da tempada de abono da orquestra, tamén ás 20:30 horas.

Leer más

MERCADOS

O Concello volve sumarse á campaña internacional "Quere o teu mercado"

24/05/2018

A sala de usos múltiples da Praza de Abastos acolleu hoxe a presentación da acción que a cooperativa da Praza e o Concello impulsan durante este mes de maio para fidelizar os clientes do mercado. Na presentación estiveron a concelleira de Mercados, Noa Morales; a xerenta da praza, Marta Rey, e a subdirectora xeral de Comercio, Marta López.

Leer más
Compartir: