RELACIÓNS VECIÑAIS
Xornada de votacións este martes na Casa das Asociacións para elixir os representantes do Consello de Relacións Veciñais
Mañá martes 10 de decembro, entre as 17:30 e as 22:00 horas, na Casa das Asociacións de Cornes, terá lugar a xornada de votacións para as eleccións de representantes veciñais ao Consello de Relación Veciñais, tal e como se recolle no calendario electoral.
CULTURA
O festival Curtocircuíto proxecta 29 curtas e celebra un debate sobre cinema e interactividade na súa segunda xornada
Curtocircuíto, festival organizado polo Concello de Santiago, co-financiado pola Deputación da Coruña e coa colaboración de diversas entidades, inicia este martes no CGAC, ás 12:00 horas, as actividades paralelas ás proxeccións. A primeira delas será a charla da xornalista María Yáñez sobre "Cinema e interactividade", que ela mesma subtitulou como "os festivais danlles a benvida ás narrativas dixitais".
FESTAS
A cidade xa loce o seu alumeado de Nadal
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, asistiu na praza do Obradoiro ao acendido do alumeado de Nadal. A Cidade Histórica e o Ensanche xa locen unha iluminación que este ano volve a chegar de novo ás parroquias do rural e, como novidade, a varios barrios da cidade.
ALCALDÍA
Compostela renovou o voto a San Nicolás
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e parte da Corporación, asistiron aos actos celebrados na igrexa de San Paio de Antealtares con motivo do voto da cidade a San Nicolás de Bari.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Centros Socioculturais programa máis de 400 accións de xaneiro a xuño de 2014 e estrea a súa escola de maxia
A Rede de Centros Socioculturais continuará desenvolvendo durante os seis primeiros meses do 2014 unha variada programación, caracterizada pola trasnversalidade de proxectos socioeducativos, imbricados nos barrios e nas parroquias do rural. Para as novas actividades e para aquelas onde hai prazas vacantes, o prazo de inscrición estará aberto ata o 14 de decembro.
URBANISMO
O Concello recupera catro estatuas para colocalas en Costa Vella, praza de Galicia, Carme de Abaixo e adro de Santa Susana
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, informou en rolda de prensa da colocación na cidade de catro estatuas de propiedade municipal ata agora conservadas no claustro do Museo do Pobo Galego, en San Domingos de Bonaval. Limparanse estas esculturas e situaranse en: Costa Vella, praza de Galicia, Carme de Abaixo e adro de Santa Susana.
XUVENTUDE
Xuventude promove dous concertos para grupos emerxentes de Compostela
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, presentou dous concertos cos que o seu Departamento quere promocionar o traballo que realizan os grupos emerxentes de Compostela. As actuacións celebraranse o 13 e o 20 de decembro, a partir das 21:00 horas, no Pub Sónar. No primeiro concerto participarán Hellorice e Roberto Sobrado e, no segundo, Horta de Grelos e Crying Wolves.
FACENDA
As exencións do IBI no casco histórico están claramente establecidas na normativa
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nunha sentenza de 2004, aclarou a exención do IBI dos bens do patrimonio histórico artístico, concluíndo que só procede aplicala aos inmobles catalogados como nivel de protección 1 no Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a actualización dos prezos dos estacionamentos municipais
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a actualización dos prezos dos estacionamentos municipais xestionados por TUSSA. Tamén se solicitou a prórroga de ocupación da parcela do aparcadoiro de bordo de Salgueiriños.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Obradoiro de maxia no Castiñeiriño
O Centro Sociocultural do Castiñeiriño acolleu o último dos tres obradoiros de maxia programados dentro de Vive o Nadal. Os anteriores celebráranse en Vite e Santa Marta.