ACCIÓN CULTURAL

Acción Cultural destina 150.000 euros ao financiamento de procesos e actividades culturais

26/04/2018

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá en rolda de prensa as bases reguladoras da convocatoria aberta de axudas a proxectos e actividades culturais 2018-2019. Co obxectivo de fomentar a autonomía e a consolidación do tecido cultural da cidade e paliar a precariedade laboral do sector, a Concellaría adxudicará un fondo total de 150.000 euros co que as persoas e colectivos solicitantes poderán financiar até o 80% dos proxectos presentados. A resolución desta convocatoria plurianual contempla...

Leer más

CONSORCIO

Un libro relata a historia do emblemático edificio Castromil e do seu antecesor, o Quiqui Bar, símbolo no seu día de modernidade en toda Galicia

26/04/2018

O Consorcio de Santiago e Edicións Positivas acaban de publicar o libro De Quiqui Bar… a Castromil, de Francisco Macías, director de Edicións Positivas. Preséntase esta tarde na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 horas. No acto estarán, ademais do autor e coeditor, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; e o responsable de Publicacións do Consorcio, Juan Conde.

Leer más

IGUALDADE

O programa Verán CampUSC fomentará a igualdade e a conciliación durante os meses de verán

26/04/2018

O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Igualdade, colabora por terceiro ano consecutivo coa Fundación USC Deportiva e a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC no programa Verán CampUSC 2018, concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolvida no período de verán. Permitirá a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar neste período, así como aquelas persoas que aínda non tendo vinculación coa...

Leer más

LINGUA

Xa se coñecen os vídeos gañadores do certame Enreguéifate 2018

26/04/2018

O xurado do certame Enreguéifate vén de dar a coñecer cales son os 14 vídeos gañadores da convocatoria, que promoven os concellos de Santiago, Ames, Teo e Carballo. Foron máis de 70 os traballos presentados. Os premios entregaranse durante a celebración da Regueifesta, o 2 de maio no Auditorio de Galicia.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde reitera a importancia da Variante de Aradas para aliviar o tráfico no norte da cidade

25/04/2018

As obras da Variante de Aradas rematarán a finais deste ano ou comezos de 2019, segundo as estimacións da Xunta de Galicia. Deste xeito, acurtarase o prazo de 24 meses inicialmente previsto para esta infraestrutura, que se empezou a construír en agosto de 2018. O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe nunha visita ás obras coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez.

Leer más

ALCALDÍA

Presentado o programa ReVive Santiago, a estratexia para conseguir "a Compostela que queremos"

25/04/2018

O Concello presentou hoxe o programa ReVive Santiago, nun acto celebrado no Auditorio de Galicia coa participación de máis dun cento de representantes do tecido veciñal e asociativo da cidade. O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, encargáronse de debullar o proxecto, que aglutina as accións que serán financiadas con fondos europeos FEDER, no marco da EDUSI.

Leer más

ECONOMÍA

A EDUSI renace como "Programa ReVive Santiago" e conta xa coa súa web

24/04/2018

O Concello ven de poñer en marcha a nova web revivesantiago.gal, para facer máis clara e accesible toda a información vinculada á EDUSI, cuxas accións concretas forman parte do programa ReVive. Hoxe tamén se presentou a imaxe de marca, na véspera dun acto no Auditorio de Galicia que permitirá que a veciñanza e os diferentes colectivos da cidade coñezan en detalle as accións concretas que serán financiadas a través de fondos europeos FEDER.

Leer más
Compartir: