CENTROS CÍVICOS E MOCIDADE

O programa Vive o Verán e o Campamento de Vela, propostas do Concello para favorecer a conciliación no mes de xullo

30/05/2018

O Concello de Santiago volve facer un gran esforzo para facilitar a conciliación familiar e laboral durante o verán, con iniciativas impulsadas dende diferentes concellarías. As responsables de Centros Cívicos e Mocidade, Concha Fernández e Noa Morales, presentaron hoxe algunhas das propostas organizadas polos seus departamentos e dirixidas a usuarios e usuarias de diferentes idades, entre as que destaca o programa Vive o Verán e o Campamento de Verán de Vela e Actividades Náuticas.

Leer más

CENTROS CÍVICOS

Volta e Dálle representa "Dura Lex" en Santa Marta

30/05/2018

O venres 1 de xuño, ás 19:00 horas, a compañía Volta de Dalle representará a obra Dura Lex no Centro Cívico de Santa Marta. O espectáculo propón unha crítica ao sistema xudicial vixente en clave de humor.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

As actividades paralelas da SELIC comezan este xoves con paseos literarios por Compostela e proxeccións no Teatro Principal

30/05/2018

A segunda edición da Semana do Libro de Compostela (SELIC) bota a andar con propostas literarias que se adiantan á inauguración oficial da feira o vindeiro venres e que conforman a PRE-SELIC. Así, na tarde do xoves 31, o escritor e xornalista Diego Ameixeiras conducirá o itinerario Compostela Negra, un paseo polos misterios desta cidade que lle serviu de escenario en novelas como Asasinato no Consello Nacional (Xerais, 2010) ou Conduce rápido (Xerais, 2014).

Leer más

CONVIVENCIA

O venres 1 de xuño ábrese o prazo de solicitude dos permisos para as cacharelas de San Xoán

29/05/2018

O prazo para solicitar os permisos para a celebración das cacharelas e/ou sardiñadas de San Xoán estará aberto do 1 ao 15 de xuño. A documentación debe presentarse no Rexistro Xeral do Concello, se ben os particulares poderán facer a súa solicitude a través da páxina web municipal. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta hoxe dos prazos e máis das normas de seguridade, aprobadas na Xunta de Goberno do pasado venres.

Leer más

ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS

O Museo do Pobo Galego acolle a exposición "Tecedoras do cambio", que nos achega a historia de 23 lideresas comunitarias

29/05/2018

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo, Concepción Losada, e a vicepresidenta da Coordinadora Galega de ONGD, María Paz, asistiron hoxe á inauguración da exposición Tecedoras do cambio. Historias de lideresas comunitarias que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asia.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Área Central acolle unha nova edición do mercadiño solidario "Trócame-Roque"

28/05/2018

A rede comunitaria de Fontiñas vén organizando dende o 2013 o mercadiño solidario Trócame-Roque, que este ano celebra a súa sexta edición cunha xornada chea de actividades que terá lugar o 1 de xuño en Área Central. A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta dos detalles deste mercado acompañada de representantes dos colectivos implicados.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Certame de Danza Intercentros encheu un ano máis o Auditorio de Galicia

28/05/2018

O Auditorio de Galicia acolleu este domingo o XIII Certame de Danza Intercentros, Compostela en Danza, organizado pola Concellaría de Educación e Cidadanía. As familias das bailarinas e bailaríns participantes encheron o recinto para contemplar o froito do traballo escolar realizado ao longo do curso nesta disciplina artística. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, tampouco se quixo perder o certame.

Leer más

IGUALDADE E MEDIO RURAL

Preto de 50 mulleres participaron nos obradoiros de empoderamento do rural

28/05/2018

As parroquias de Busto, Lavacolla, Laraño, Aríns e Santa Cristina de Fecha acolleron durante os meses de marzo, abril e maio varias sesións do programa Vida Propia, posto en marcha en 2016 pola Concellaría de Igualdade en colaboración coa de Medio Rural para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

Leer más
Compartir: