MOBILIDADE
As canceladoras da tarxeta metropolitana estarán listas antes de final de ano
A Xunta de Goberno aprobou o convenio de colaboración entre o Concello, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a UTE Tralusa para o fomento da implantación da tarxeta metropolitana no ámbito na comarca de Santiago. Ademais, procedeuse a aceptar o compromiso de financiamento da adquisición das máquinas canceladoras necesarias.
PLENO
O Concello expresa a súa desconformidade coa nova Lei de Augas de Galicia e coa supresión do Noitebús
O Pleno da Corporación aprobou unha proposición de desconformidade coa nova Lei de Augas e co canon que esta establece. Tamén se manifestou contra a supresión do servizo de transporte público nocturno a lugares de lecer.
EDUCACIÓN
Os sete principais concellos de Galicia fixan a súa posición común en materia educativa ante a Administración autonómica
Como resultado da convocatoria realizada polos Concellos de Vigo e de Santiago, representantes das cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol mantiveron a primeira das xuntanzas coas que se da por constituído un espazo estable de reflexión e de acción conxunta arredor de diferentes temas educativos.
ALCALDÍA
O Concello habilitará estacionamento para 2.000 autobuses e 10.000 vehículos privados
A Casa do Concello acolleu unha nova reunión de coordinación operativa en materia de seguridade con motivo da visita do Papa Benedicto XVI a Santiago. Tras a mesma o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a cidade contará o 6 de novembro con estacionamento para 2.000 autobuses e 10.000 vehículos privados.
CULTURA
A Concellaría de Cultura convoca un concurso para a elaboración do cartel da vindeira edición de Curtocircuíto
A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais organiza un concurso para a realización do cartel da VIII edición de Curtocircuíto, Festival internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela. O concurso ten como fin estimular a creatividade dos artistas participantes e fomentar a difusión do festival, que terá lugar en do 7 ao 15 de maio do 2011.
EDUCACIÓN
Os concellos das sete principais cidades galegas analizarán en Raxoi os retos da xestión educativa municipal
O xoves 28 de outubro, ás 10:00 horas, celebrarase no Centro de Estudos avanzados da USC (parque de Vista Alegre) unha reunión na que participarán os responsables políticos e técnicos de Educación dos concellos de Santiago, Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol.
EMPREGO
Máis de 400 persoas participaron nos cursos desenvolvidos por Promoción Económica e Emprego no que vai de ano
443 persoas beneficiáronse ou estanse beneficiando das 18 accións formativas gratuítas desenvolvidas pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo no que vai de ano. Son en total seis obradoiros e doce cursos (dos que se están impartindo cinco), que suman en total 5.255 horas lectivas. A maioría están destinados a persoas desempregadas, pero tamén se programaron cursos para persoas ocupadas e para emprendedoras/es.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Obradoiros para formar espectadores de teatro
A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais continúa cos Obradoiros do Espectador, unha proposta do Grupo Chévere, compañía residente da Sala Nasa, e da Rede Municipal de Centros Socioculturais, que xa obtivo na anterior semana un notable éxito de participación arredor de Citizen (primeira parte). Trátase dun espazo didáctico onde, a través de profesionais, pódese coñecer diferentes propostas de arte escénica e facer unha inmersión en cada unha das obras programadas mensualmente...
EDUCACIÓN
Alumnos, profesores e familiares verán dende As Cancelas o paso de Benedicto XVI
Os alumnos, mestres e familiares dos centros escolares de Compostela están convidados a reunirse nas Cancelas para asistir todos xuntos ao paso do Papa Benedicto XVI. Alí, mentres agardan, poderán participar en diversas actividades.
ALCALDÍA
Fomento destinará 700.000 euros á rehabilitación da Casa do Cabildo
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o ministro de Fomento, José Blanco, asinaron o convenio de colaboración para o financiamento das obras de rehabilitación da Casa do Cabildo. En virtude deste acordo, o Ministerio de Fomento e o Consorcio da Cidade de Santiago destinarán 924.038 euros a este proxecto, dos que Fomento aportará o 75% (693.028 euros).