ALCALDÍA
O Festival Galicreques encherá Santiago de monicreques entre o 7 e o 15 de outubro ao ofrecer 60 funcións da man dunha trintena de compañías
Formacións procedentes de Portugal, Francia, Colombia, Chile e Arxentina daranlle a dimensión internacional á 28ª edición da mostra, que este ano exhibirá 14 espectáculos inéditos. A sección ‘Cara Bé’, destinada ao público adulto, estará formada por sete espectáculos e celebrará unha sesión de varietés na xa tradicional carpa da Alameda, que un ano máis volve ser unha das sedes do certame Galicreques que descentralizará o seu cartel ao repartir a súa actividade...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello de Santiago e EspazoCoop fomentan o emprendemento feminino
A xornada "Somos mulleres, somos emprendedoras, somos economía social" celebrarase o vindeiro o martes 26 de setembro ás 10 horas no edificio Cersia Empresa, e nela mulleres emprendedoras no sector da economía social compartirán as súas experiencias no cooperativismo.
XUVENTUDE
Volven as "Noites Alternas" con ducias de actividades de ocio nocturno alternativo para a mocidade
Teatro, cociña, obradoiros artísticos, ou roteiros pola cidade. Son algunhas das propostas da nova edición de Noites Alternas, o programa de lecer nocturno alternativo para a mocidade, organizado pola Concellería de Xuventude en colaboración coa Asociación Xuvenil Itaca. O prazo de inscrición para as primeiras actividades, todas elas de balde, xa está aberto.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas tres mulleres asasinadas o 15 de setembro na provincia de Alacante, e o 16 de setembro na provincia de Castellón e en Murcia, vítimas de violencia machista.
LINGUA
Comezan os obradoiros de acollemento lingüístico organizados polo Concello de Santiago
Bélxica, Colombia, Estados Unidos, India, Filipinas ou Irán son algúns dos lugares de procedencia das persoas que este mércores, 20 de setembro, comezan ou seu achegamento inicial á lingua e cultura galegas da man dos obradoiros de acollemento lingüístico que organiza o Departamento de Lingua do Concello de Santiago.
CONSORCIO
O IDIS e a Real Filharmonía de Galicia impulsan unha nova edición de Sensoxenoma
O venres 29 e sábado 30 de setembro celebraranse dous concertos no Auditorio de Galicia nos que se continuará co estudo iniciado o pasado ano. A primeira edición de Sensoxenoma ofreceu resultados sorprendentes que axudan a entender por primeira vez obxectivamente o efecto beneficioso da música nas persoas con deterioro cognitivo.