CIDADES PATRIMONIO
Este sábado volve a Noite do Patrimonio a Compostela con espectáculos, roteiros e visitas a edificios emblemáticos da cidade
Este sábado, 16 de setembro, veciñanza e visitantes terán unha cita coa Noite do Patrimonio, que presenta un amplo programa de actividades co que poñer en valor a riqueza arquitectónica e cultural de Santiago. Este evento desenvolverase de xeito simultáneo nas 15 vilas que forman parte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entre as que se atopa Compostela.
DEPORTES
Fontiñas acolle a I edición do Torneo Cidade de Santiago de baloncesto en Cadeira de Rodas
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá a I edición do Torneo Cidade de Santiago en Cadeira de Rodas, que organizan o Instituto Rosalía – FEDESA co apoio do Concello de Santiago. Este torneo desenvolverase este sábado 16 de setembro no pavillón municipal de Fontiñas con entrada de balde ata completar aforo.
MOBILIDADE
Santiago celebra a Semana Europea da Mobilidade "reivindicado o uso da bicicleta e unha mobilidade sen barreiras"
Santiago súmase á Semana Europea da Mobilidade, cunha ampla axenda de actividades que tratarán de concienciar á cidadanía da necesidade de fomentar os modos brandos de transporte. Cadrando con este evento, o Goberno convocará a reunión do Pacto Local pola Mobilidade, o venres 22 de setembro.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia leva a música clásica aos barrios composteláns
Ofrecerá tres concertos esta semana na igrexa de Conxo, no Centro Comercial Área Central de Fontiñas e no Centro Cultural de Santa Marta