FESTAS
Daniel Lorenzo Santos, Mª Rosa Álvarez Prada, Ánxeles González Porto e os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi serán homenaxeados o vindeiro 25 de xullo no acto ‘Alba de Compostela’
O Concello de Santiago celebrará o vindeiro 25 de xullo, con motivo do día grande das Festas do Apóstolo, o acto ‘Alba de Compostela’ no que se renderá homenaxe ás persoas ou institucións que constrúen cidade todo o ano. Daniel Lorenzo Santos director da Fundación Catedral de Santiago; os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi; Mª Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e directora técnica do Plan Socio-Comunitario de Vite; e Ánxeles González Porto, propietaria...
EDUCACIÓN
O Verán CampUSC, un espazo aberto á conciliación laboral e familiar da cidadanía
A concelleira de Educuación, Míriam Louzao, e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, visitaron esta mañá as instalacións deportivas e as zonas verdes do Verán CampUSC, iniciativa coa que a USC en colaboración co Concello de Santiago, pretende ofrecer á cativada espazos seguros para promover valores de perspectiva de xénero, disciplina, esforzo, integración e hixiene.
ALCALDÍA
En marcha o novo procedemento da EDAR logo de que ACUAES resolvese o contrato anterior
O Concello de Santiago vén de recibir a comunicación de Acuaes de que acordou resolver o contrato da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR), despois do proceso de diálogo competitivo e de ser adxudicada.