FESTAS
Compostela exalta un ano máis o Traxe Galego no marco das Festas do Apóstolo
Esta mañá presentouse no Pazo de Raxoi o programa da 44 edición do Día do Traxe Galego, unha cita que vai unida dende hai décadas ás festas do Apóstolo, e que este ano terá lugar o vindeiro sábado 29 de xullo con desfiles, exhibicións e o tradicional certame. Ademais, tras unha exitosa primeira edición o pasado ano, volve a Feira do vestir "De onte a hoxe" que ofrecerá, esta vez na praza da Quintana, pasarelas e obradoiros para todas as idades ao longo de toda a xornada.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Movemento Maker conquistará no próximo curso os barrios de Compostela
Un Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil percorre nestes días Compostela para dar a coñecer o proxecto "Faino Ti", unha iniciativa pioneira que se desenvolverá á volta do verán. O programa, impulsado desde a concellería de Promoción Económica, ten como obxectivo achegar o movemento maker, as TIC e a ciencia ao conxunto da veciñanza. A concelleira de Promoción Económica, María Rozas, e o edil de Centros Socioculturais, Xan Duro, visitaron hoxe o Fab Lab Móbil, ao carón...