FESTAS
Leilía e Milladoiro, protagonistas musicais da xornada grande do Apóstolo
As festas do Apóstolo viven o seu día grande, o 25 de xullo, con actividades durante toda a xornada. No eido musical destaca o concerto que Leilía e Milladoiro ofrecerán na praza da Quintana a partir das 22:00 horas. Unha hora despois, no Toural, tocará a banda galega The Soul Jacket.
CONSORCIO
O Consorcio adxudica a obra de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego
Como vén sendo tradición cada 24 de xullo, coincidindo coa noite dos fogos do Apóstolo, o Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva e esta tarde o seu Consello de Administración. Ambas xuntanzas estiveron presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo. Así mesmo, asistiron a subsecretaria do Ministerio de Facenda, María del Pilar Paneque Sosa; o subsecretario do Ministerio de Fomento, Jesús Manuel Gómez...
FESTAS
O espectáculo dos Fogos repasou a historia arquitectónica de Compostela e homenaxeou as súas mulleres
A praza do Obradoiro encheuse un ano máis para presenciar os agardados Fogos do Apóstolo. Pirotecnica, proxeccións, efectos especiais, iluminación e música mesturáronse nun espectáculo que realizou un percorrido por algúns episodios da historia de Compostela, cunha especial lembranza ás súas mulleres.