ALCALDÍA
O Auditorio de Galicia estrea novas butacas na sala Ángel Brage
Trinta anos despois da súa apertura, no ano 1989, o Auditorio de Galicia renovou as butacas da sala Ángel Brage. Esta noite estrearanse nun concerto da Real Filharmonía de Galicia a partir das 20:30 h. Antes do concerto, o alcalde e presidente do Consello Reitor do Auditorio, Martiño Noriega, visitou a sala acompañado do director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; e membros do Consello Reitor: Goretti Sanmartín (BNG), María José Castro (PP) e Gonzalo Muíños (PSOE).
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este mércores en Reus (Tarragona).
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Comeza o "Círculo Literario" con Suso de Toro no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes
Esta tarde, a partir das 16:30 horas, comezará a primeira sesión da actividade Círculo Literario, impartida polo escritor compostelán Suso de Toro. A acción, desenvolvida polo Departamento de Educación e Cidadanía, terá lugar no Centro Educativo e de Lecer María Miramontes.